Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo sumouse con diversas actividades á inclusión dos maiores nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo sumouse con diversas actividades á inclusión dos maiores nas TIC

S. P.
Publicado: 19/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugo_confema_c160522_imaxe_da_concelleira_de_benestar_olga_lopez_racamonde_co_cartel_relativo_a_campana_2.jpgCoincidindo co Día Mundial de Internet, que se celebrou este 17 de maio xunto coas Letras Galegas, o Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Olga López Racamonde reivindicou o dereito das persoas maiores a acceder ás novas tecnoloxías. O Executivo de Lara Méndez sumouse deste xeito á campaña de sensibilización que impulsa a Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC).
Este ano, a efeméride do 17 de maio puxo o foco no colectivo da terceira idade, un grupo considerado vulnerable no que se refire ao uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (as TIC) pois segundo apuntou a edil reflectindo datos da última enquisa do INE, preto do 60% das e dos galegos entre 55 e 74 anos escasamente teñen competencias dixitais.
Entre as accións artelladas pola Concellería de Benestar ao respecto, incluíuse a instalación de mupis informativos en distintos puntos da capital, ao tempo que se está a poñer o foco en divulgar a iniciativa nos diversos centros de convivencia municipais e nas redes sociais.“Queremos que as e os nosos maiores sexan conscientes dos beneficios que lles poden reportar as TIC, como estas facilitan as xestións burocráticas coas diferentes administracións e organismos públicos, especialmente en tempos de pandemia, e achegarlles as destrezas e os medios que precisan para desenvolverse neste ámbito con soltura e seguridade. De maneira que combatemos a fenda dixital e favorecemos o envellecemento activo”, subliñou Olga López.
Esta é a segunda de oito campañas, que ao abeiro do slogan Persoas maiores, cos mesmos dereitos CONFEMAC está a poñer en marcha, xunto a municipios de todo o territorio nacional, ata finais de ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?