Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello da Pobra convoca ás familias a participar nun obradoiro sobre o uso responsable das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello da Pobra convoca ás familias a participar nun obradoiro sobre o uso responsable das TIC

S. P.
Publicado: 19/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

todo_a_cambio_dun_like_a_pobra.jpgO Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro 27 de maio un obradoiro formativo para inculcar na xuventude (apelando á implicación directa de nais, pais e profesorado) hábitos saudables en materia de redes, comunicación, lecer dixital e dispositivos. Trátase da actividade Todo a cambio dun like, prevista para as 18.00 horas no devandito escenario da Pobra. Organiza a Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). O obxectivo é “que as familias adquiran as ferramentas e habilidades necesarias para acompañar ás súas fillas e fillos nun uso axeitado da Internet, as redes sociais e os videoxogos”.
Respecto dos porqués desta sesión divulgativa e sensibilizadora, dende o Concello lembran que “se ben as novas tecnoloxías teñen vantaxes, un uso inadecuado pode xerar situacións que poden comprometer a súa seguridade e benestar, polo cal esta acción formativa ensinaralles ás familias a identificar elementos perigosos e afrontalos dende unha perspectiva focalizada no respecto a todas as persoas e no rexeitamento de calquera tipo de violencia”. Entre os contidos por tratar figuran o acceso á información e ás aplicacións máis empregadas na actualidade pola mocidade; o uso seguro e responsable das novas canles; como entender, conectar, previr e actuar; os perigos das redes sociais para a xuventude; e a igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero nas redes sociais.
Para máis información habilítase o enderezo electrónico igualdade@apobra.gal e o teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6. A entrada é libre ata completar a cabida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?