O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) desvelou o nome da entidade destinataria este ano do seu Premio Iniciativa da Administración, que será entregado formalmente no marco da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o 1 de xullo en Santiago (Hotel OCA Puerta del Camino). O galardón irá dar ao proxecto Equipos @, enmarcado no Plan Estratégico contra la Cibercriminalidad do Ministerio del Interior. A iniciativa creouse para garantir a seguridade e a protección dos dereitos e liberdades dos usuarios no ciberespazo. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asistirá ao devandito acto a recoller esta distinción concedida a Equipos @.

En Galicia, operan desde o pasado mes de novembro seis equipos que están integrados por 20 gardas civís dedicados exclusivamente a este fenómeno. Estes equipos reforzan o despregue xa existente na Guarda Civil para a investigación de ciberdelitos, (equipos de investigación tecnolóxica e grupos de delitos telemáticos). Organicamente, Equipos @ opera baixo a coordinación dos respectivos Equipos de Investigación Tecnolóxica das Unidades Orgánicas da Policía Xudicial. Tamén se encargan de asesorar e formar neste tipo de delincuencia.
O CPEIG recoñece a Equipos @ co Premio Iniciativa da Administración
Compartir Este Artigo

