Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno despregará centros de ciberseguridade nas nosas sete grandes cidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno despregará centros de ciberseguridade nas nosas sete grandes cidades

S. P.
Publicado: 19/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

isabel_rodriguez_minones_ciberdelincuencia.jpgO Goberno vai impulsar a blindaxe das administracións locais contra as principais ameazas dixitais, e a nosa terra formará parte deste obxectivo. Así o fixeron saber este xoves 19 de maio a ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, e máis o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. Segundo informaron, o Executivo financiará centros de ciberseguridade nas sete cidades galegas dentro dun plan de dixitalización de máis de 3,6 millóns de euros para a nosa Comunidade.
Nunha rolda de prensa celebrada na sede da Delegación do Goberno en Galicia, Rodríguez informou de que 145 entidades locais de toda España recibirán fondos para desenvolver os seus proxectos de dixitalización por un importe de 89,4 millóns de euros. “O noso obxectivo é facer intelixente ao Estado no territorio con vistas a facer a vida máis fácil ao cidadán”, destacou a ministra portavoz.
Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, valorou que con estas subvencións “o Goberno transforma e dixitaliza as administracións locais que dan servizo a un terzo da poboación de Galicia”.
Segundo explicaron, as subvencións concedidas a concellos galegos ascenden a 3.676.347,82 euros, o que supón o total do importe solicitado. Estes fondos canalizaranse a través do Ministerio de Política Territorial. Rodríguez e Miñones explicaron que a actuación máis relevante será a despregadura de centros de operacións de ciberseguridade en todos os concellos de máis de 50.000 habitantes: Vigo, Santiago, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo.
Máis detalles do plan
O Plan de Recuperación do Goberno impulsa a implantación de centros de operacións de ciberseguridade nas cidades de todo o ámbito estatal e a súa integración na rede nacional de centros de operacións de ciberseguridade. Desta maneira, o Executivo busca “incrementar a protección e a resiliencia das redes e os sistemas de información e comunicacións do sector público e dos servizos esenciais, para previr ciberataques”. Á vez, “promove a Cultura e o compromiso coa ciberseguridade e potenciación das capacidades humanas e tecnolóxicas”.
As contías outorgadas gardan relación co número de habitantes. En concreto, Vigo recibe máis dun millón de euros (1.084.686,76 euros) para financiar catro proxectos. Ademais do centro de ciberseguridade, o máis destacado é o de modernización e mellora da infraestrutura de proceso de datos do Concello, por máis de 600.000 euros.
A Coruña obtén preto dun millón (921.112 euros) para dous proxectos, o que permitirá ao Consistorio implantar operacións intelixentes nos servizos dixitais municipais.
No municipio de Ourense, o Goberno subvenciona tres proxectos por un importe próximo a 400.000 euros. Os fondos destínanse, entre outras melloras, a equipamento para teletraballo.
Pontevedra recibe preto de 310.000 euros e ten previsto despregar unha infraestrutura de robotización de procedementos administrativos. O Concello pontevedrés tamén aproveitará os fondos para renovar a súa rede.
O Concello de Lugo, pola súa banda, obtén máis de 366.000 euros cos que poderá modernizar a rede Wi-Fi municipal e dotarse de dispositivos dixitais, entre outras melloras.
En todo o país, os municipios con máis de 50.000 habitantes ou capitais de provincia que presentaron proxectos para a dixitalización e modernización das entidades locais son 145. “En Galicia benefícianse todos os concellos posibles”, engadiron Rodríguez e Miñones.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?