Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha app galega que funciona a xeito de oficina mundial de obxectos e encontros perdidos: a aplicación TAS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha app galega que funciona a xeito de oficina mundial de obxectos e encontros perdidos: a aplicación TAS

S. P.
Publicado: 20/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tas_aplicacion_versions.jpgO panorama tecnolóxico galego animouse esta semana coa presentación dunha nova, innovadora e destacada ferramenta: a aplicación TAS, dirixida a “permitirnos cumprir o soño de navegar no espazo… e máis no tempo”. Máis polo miúdo, TAS consiste nunha app móbil que posibilita deixar unha nota (un tas) nun lugar exacto do mundo ou nun día concreto, pasado, presente e futuro. Na pantalla inicial podemos atopar un mapa polo que desprazarnos e unha liña temporal na que escoller unha data concreta ou un rango cronolóxico.
Segundo os seus creadores, TAS responde afirmativamente a algunhas das preguntas que moitos de nós nos tempos feito sobre as posibilidades da ciencia e tecnoloxía en relación ás coordenadas espazo-temporais, preguntas como as seguintes: “Poderemos viaxar algunha vez no tempo e atopar a aquel amigo da nenez ao que lle perdemos a pista?”, “Poderemos coñecer a quen nos axudou naquel accidente de coche?”, “Está na nosa man saber máis cousas da persoa que nos aguantou a mirada e nos sorría no metro?”
Seguindo engaden os seus creadores, as persoas usuarias de TAS poden navegar polo tempo e polo mapamundi colocando ou buscando un tas (unha nota nese punto espazo-temporal que pode ter un título, descrición, imaxes, ligazóns) para que sexa descuberto pola persoa destinataria e contestada.
tas_app_2.jpg Creada por Rubén Prieto Tomé, TAS ten un 95% de capital galego. As persoas que traballaron neste proxecto suman un total de 25, das que un 96% son galegas. Na actualidade, iniciando a terceira rolda de captación de socios, a valoración económica de TAS ascende a 3 millóns de euros.
Dende o seu lanzamento en fase beta, fai menos dun ano, conta con preto de 100.000 descargas e 16.000 persoas usuarias activas ao mes, cifras que segundo sinala o seu equipo de desenvolvedores aumentan cada día.
A aplicación está presente en todo o mundo en catro idiomas: galego, castelán, inglés e ucraíno. Segundo engaden, onde máis se tasea é en España e en diferentes países de Latinoamérica, como por exemplo Arxentina, Chile, Colombia, Ecuador, Guatemala, Mexico, Perú…
Amais, os anuncios de lanzamento tiveron máis de 4.000.000 de visualizacións entre as plataformas de redes sociais de Youtube, Tiktok, Instagram e Facebook.
Rubén Prieto Tomé, socio fundador e creador de TAS, indica que o obxectivo é converter TAS “na oficina mundial de obxectos e encontros perdidos”. E engade: “Do mesmo xeito no que alguén pensa en Amazon para facer unha compra en liña ou en Netflix cando quere ver unha serie… queremos ser o primeiro no que alguén pensa cando perde ou atopa algo, cando escapa o seu can ou cando non sabe como contactar con alguén…”
Principais usos de TAS
Xa dende o comezo o equipo de TAS decatouse de que a comunidade da aplicación viña empregándoa “de moitas maneiras distintas” así que decidiron adaptarse a estes novos usos que a xente ía atopando e crearon as categorías de tases. Agora, esas notiñas cravadas no mapa distínguense entre elas en función da súa tipoloxía. Deste xeito, podemos atopar tases de diferentes cores e poden ser de agradecemento, de alertas, de crush (frechazo), de “perdín algo” ou “atopei algo”, de axuda, de lugares de interese, de autopromoción, de agasallo ou “sen categoría”. Moi axiña teñen pensado sacar á luz os X-TAS, tases en Realidade Aumentada que só se poderán ler se a persoa se atopa fisicamente ante eles e abre a cámara.
Tamén sairán a luz os tases de socorro, mensaxes que se poñen “aquí e agora” informando dunha emerxencia e que avisarán a todas as persoas que estean preto e se atopen dispostas a axudar. “Isto poderá salvar vidas pois hai casos coma infartos, atragoamentos, afogamentos ou acosos machistas nos que eses 15 minutos de tempo de reacción dos servizos de emerxencia soen ser demasiados”, sinala o equipo de desenvolvedores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?