Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En 2021 o investimento en TIC das empresas galego aumentou 88 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En 2021 o investimento en TIC das empresas galego aumentou 88 millóns de euros

S. P.
Publicado: 23/05/2022
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

investimento_tecnoloxia_disruptivas.jpgTemos novo informe sobre o nivel de saúde tecnolóxica das nosas empresas, elaborado unha vez máis polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á axencia AMTEGA. Os datos que achega o novo estudo son alentadores nun feixe relevante de parámetros, comezando polo investimento xenérico en tecnoloxía por parte das empresas galegas (que medrou máis dun 19,4% nun ano) e que foi en 2021 de 545 millóns, 88 máis có ano anterior.
En termos de tendencias e hábitos, as microempresas destinaron a maior parte do seu orzamento TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) a bens tecnolóxicos mentres o investimento principal das empresas de 10 ou máis empregados destinouse a servizos e consultas tecnolóxicas.
Son parte do datos recollidos no informe Galicia. A economía en dixital. A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2021, acabado de publicar polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).
Como dixemos, no estudo constátase que a implantación das tecnoloxías disruptivas incrementouse no tecido empresarial galego. Así, o 26,4 % das empresas galegas de 10 ou máis empregados emprega dispositivos interconectados que poden ser monitorizados ou controlados remotamente a través de IoT (o Internet das Cousas). Nas microempresas, o uso desta tecnoloxía (9,1 %) e supera a media estatal (8,1 %). Amais, engádese, Galicia supera a media estatal no uso da Intelixencia Artificial. De feito, o 7,6 % das microempresas galegas utilizan IA, 4 puntos por riba da media estatal (3,5 %) e o 10,2 % das empresas de 10 ou máis empregados utilizan esta tecnoloxía, 2 puntos por encima da media do conxunto do Estado.
Na investigación tamén se reflicte que en 2021 incrementouse “lixeiramente” a porcentaxe de empresas que analizan datos a gran escala (Big Data) en Galicia. O maior incremento rexístrase entre as empresas galegas de 10 ou máis asalariados, onde acada o 13,8 %, 2,7 puntos porcentuais máis que a media estatal .
A compra de servizos da nube (Cloud Computing) aumentou nun 66,6 % nas empresas de 0 a 9 asalariados, acadando o 12,3 % e superando a media estatal (10,2 %). No caso das grandes empresas, unha de cada tres comprou este servizo e o seu crecemento foi do 8,5 %.
Polo que respecta ao ámbito da protección en liña, o OSIMGA reflicte que “o uso das medidas de ciberseguridade están máis estendidas nas grandes empresas que entre as microempresas galegas”, se ben nas microempresas rexistrouse un crecemento de máis do 30 % dende o ano 2018, acadando o 54,4 % en 2021. Entre as empresas de 10 ou máis traballadores este indicador sitúase no 92,3 %, un 8,2 % máis respecto ao ano 2018. As medidas de seguridade TIC empregadas con maior frecuencia polas empresas galegas de maior tamaño son a dispoñibilidade do software actualizado e ter unha copia de seguridade de datos. No caso das microempresas, obsérvase que a medida máis estendida é a dispoñibilidade de software actualizado, seguido da autenticación mediante contrasinal forte.
Na investigación tamén se fai saber que no último ano un 21,9 % das empresas galegas de 10 ou máis empregados conta con perfís TIC entre o seu persoal, superando a media estatal (16,4 %) en 5,5 puntos porcentuais. Das empresas galegas de 10 ou más empregados que contan con perfís dixitais, un 52,3 % emprega mulleres especialistas TIC e, no caso das microempresas, a porcentaxe sitúase no 41,7 %, ambos valores son superiores ás medias estatais (34,5 % e 26,1 % respectivamente). Ademais, o observatorio salienta que o 53,6 % das empresas de 10 ou máis traballadores empregan o teletraballo.
Polo que respecta á actividade comercial na Rede, o ano pasado a porcentaxe de empresas galegas de 10 ou máis asalariados que posúen páxina web acadou o 80,5 % e sitúase tamén por riba da media estatal (78,3 %). Tamén segue a consolidarse a dispoñibilidade de páxina web entre as microempresas galegas e xa está no 28,3 %. Amais, o informe confirma que “o uso de medios sociais con fins empresariais segue a súa liña de ascenso”. Deste xeito, o 40,3 % microempresas galegas ten presenza nas redes sociais, aumentando un 22,5 % no último ano e superando a media estatal (36,3 %). Entre as empresas galegas de 10 ou máis traballadores o incremento foi dun 1,2 % ata acadar o 67,8 % e superando tamén a media estatal (66,6 %).
O 9,4 % das microempresas galegas vende a través da Rede, cifra similar á media estatal. No caso das empresas de 10 ou máis empregados con actividade en Galicia, a porcentaxe elévase ao 24,2 %, un 10 % más que o ano anterior.
A maiores, a investigación apunta a que a práctica totalidade das empresas de 10 ou máis traballadores/as teñen contratado Internet. Entre as microempresas galegas incrementouse a contratación de Internet nun 2,7 % no último ano, acadando unha porcentaxe do 80,7 % en 2021. OSIMGA constatou un medre notable na porcentaxe de empresas galegas que dispoñen de velocidade de conexión a Internet de máis de 100 Mbps. Asi, nas microempresas increméntase nun 12,7 % e pasan neste último ano do 54,3 % ao 61,2 %. Para as empresas de 10 e máis empregados/as, o incremento foi do 5,2 %, pasando do 63,7 % no ano 2020 ao 67 % no ano 2021.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?