Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mobilizada unha nova liña de axudas directas ás empresas para reforzar o seu pulo innovador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mobilizada unha nova liña de axudas directas ás empresas para reforzar o seu pulo innovador

S. P.
Publicado: 23/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

innovacion_empresas_reacciona-2.jpgO Goberno galego vén de anunciar unha nova liña de axudas directas destinada a microempresas e pemes que ten como obxectivo “mellorar con carácter inmediato a súa capacidade de innovación como ferramenta para fomentar a competitividade empresarial en Galicia”. Cun orzamento dun millón de euros, os Bonos de Innovación pretenden chegar a 50 beneficiarios poñendo o foco nas firmas que incorporan por primeira vez o factor transformador na súa estratexia. Amais, preténdese “dar visibilidade á innovación oculta que se está a realizar na actualidade en moitas pemes galegas”.
O novo programa da axencia GAIN enmárcase dentro do compromiso da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2027. Segundo informou a Axencia Galega de Innovación que dirixe Patricia Argerey, as micro e pequenas empresas “son unha prioridade da RIS3 e por iso define itinerarios de apoio completo que respondan á heteroxeneidade do tecido empresarial e que apoien nos diferentes estadíos nos que se atopan as empresas que empezan a innovar”.
GAIN engade que esta axuda “xorde tras o éxito de InnovaPEME” e “como resposta ás necesidades concretas daquelas compañías que aínda non contan cos medios e capacidades para participar nesta convocatoria”.
A axencia tamén fai saber que estes bonos complementarán as capacidades das empresas a través da contratación de servizos externos, ben a través de servizos de apoio á innovación (incluídas actividades para a protección do coñecemento, transferencia tecnolóxica, comercialización ou desenvolvemento de produtos e servizos, por exemplo), ben con servizos como a xestión do financiamento da innovación (tramitación de incentivos e beneficios fiscais para a I+D+i ou de presentación de axudas estatais, europeas ou internacionais de I+D+i).
As axudas, de concorrencia competitiva, cubrirán o 70% do custo elixible e chegarán a un máximo de 35.000 euros no caso do bono de servizos e 10.000 no de xestión. Os criterios de valoración terán en conta as características da empresa solicitante, a experiencia previa en innovación, así como a avaliación obxectiva de cada proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?