Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O profesor Carlos Pajares ingresa este mércores como académico de honra da RAGC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O profesor Carlos Pajares ingresa este mércores como académico de honra da RAGC

S. P.
Publicado: 24/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Carlos Pajares nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
Carlos Pajares nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrará este mércores 25 de maio o acto de ingreso de Carlos Pajares Vales, catedrático de Física de Partículas da Universidade de Santiago (USC), como académico de honra da institución. Será no Paraninfo da Universidade de Santiago, ás 19.00 horas, Pajares pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado Sencillez y belleza en la ciencia y en la naturaleza (En busca de la simetría perdida), que será contestado en nome da Academia polo seu presidente, Juan Lema Rodicio.
Ao acto asistirán, ademais doutros académicos da institución, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, entre outros.
Carlos Pajares Vales (Madrid, 1945) é profesor e investigador no campo da Física de Partículas, en particular no da materia a alta densidade e/ou temperatura e interaccións entre hadróns e núcleos. Na actualidade é profesor emérito da Universidade de Santiago. Ao longo de máis de catro décadas influíu no desenvolvemento deste eido, a través das súas ideas, concretadas en publicacións, na súa participación activa en conferencias, así como na posta en marcha do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago, amplamente recoñecido no ámbito internacional.
Doutorouse en 1971 na Universidad Complutense de Madrid con premio extraordinario. Foi investigador posdoutoral na Universidade de París XI (Orsay) e na Universidade de Washington en Seattle. Posteriormente foi profesor na Universidad Autónoma de Barcelona e na de Santiago de Compostela. Durante varios meses foi investigador nos laboratorios nacionais americanos de Argonne e Brookhaven, no británico Rutherford, no CERN (Centro Europeo de Física de Partículas) de Xenebra e no Institute of Nuclear Theory de Seattle. Ten pronunciado conferencias en diversos centros e universidades de Europa, Asia e América.
Publicou 310 artigos en revistas de recoñecido prestixio, realizou máis de 60 contribucións a congresos, 10 reviews, publicou 3 libros e editou outros 5, sendo as súas publicacións frecuentemente citadas. Tamén realizou un importante labor de divulgación, con numerosas conferencias, 2 libros, 17 artigos en revistas científicas e innumerables artigos en xornais (El País, ABC, El Mundo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo…). En 1994 recibiu o Premio de Divulgación Científica da Xunta de Galicia.
Títulos e recoñecementos
carlos_pajares_01.jpg Entre as súas distincións, Carlos Pajares foi galardoado coa Medalla de Ouro 2000 da Real Sociedad Española de Física, o Goberno francés nomeouno Cabaleiro das Palmas Académicas en 1994, foi Premio de Investigación de Galicia en 2007, é Doutor Honoris Causa pola Universidade Técnica de Lisboa (2011) e pola Universidade de San Petersburgo (2013).
Ten realizado numerosos labores de xestión universitaria e de política científica. Foi reitor da Universidade de Santiago e primeiro decano da Facultade de Física da USC. Participou e foi membro de numerosos comités científicos nacionais e internacionais. Foi un dos redactores do Plan Movilizador de la Física de Altas Energías en 1983, clave para o desenvolvemento deste campo en España e modelo para plans nacionais doutros eidos. Durante os anos 2008-2012 foi delegado científico de España no CERN e membro do comité de avaliación da situación neste campo de diversos países solicitantes para entrar nesta organización, así como do comité de ampliación xeográfica e científica do CERN. Entre 1993 e 1996 foi asesor da OEIA (Organismo Internacional de Enerxía Atómica).
Carlos Pajares é vicepresidente da Real Sociedad Española de Física. Foi membro do Consello Universitario de Galicia (1997-2012). Na actualidade forma parte do comité editorial de varias revistas internacionais de Física de Partículas.
O evento retransmitirase tamén a través da canle de YouTube da RAGC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?