Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AXEGA colabora con Tecnópole na realización dun vídeo didáctico sobre aviación e rescates
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AXEGA colabora con Tecnópole na realización dun vídeo didáctico sobre aviación e rescates

S. P.
Publicado: 24/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aula_newton2.jpgA Aula Newton Galicia, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), desenvolveu un curso completo para o alumnado de 3º e 4 da ESO de toda a comunidade. Esta aula de aprendizaxe STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), impulsada conxuntamente pola multinacional Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole, arrincou a finais de outubro de 2021 coa experiencia Voamos con números: unha aventura aérea, que introduce ao alumnado no mundo da aviación a través dos coñecementos matemáticos.
A unidade didáctica orixinal está localizada na rexión de Bodo, en Noruega, e a actividade é introducida mediante un vídeo no que os participantes deben responder a unha misión de rescate proposta polo Centro de Coordinación e Rescate da devandita contorna nórdica. Para cumprir estas misións dispoñen de simuladores de voo avanzados na Aula, asistidos por instrutores cualificados.
No ánimo de aproximar estes contidos ao alumnado de Galicia, Tecnópole propúxose levar a cabo o cambio de localización da unidade didáctica orixinal cara a un emprazamento dentro da comunidade galega. Deste xeito, tanto as rutas de voo como os obxectivos da misión pasarán a localizarse no sur de Galicia. “Pretendemos un maior grao de conexión do alumnado cos obxectivos da proposta ao recoñecer elementos e zonas xeográficas que lle son moito máis familiares”, salientou o equipo de docentes da Aula.
aula_newton1.jpg Así mesmo, froito da colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do 112 Galicia, vaise mudar o vídeo de Chamada á acción por outro realizado no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112) da Estrada. No vídeo participaron técnicos de Explotación Operativa do 112 Galicia e do Grupo de Apoio Loxístico de AXEGA.
Mediante esta iniciativa, cuxo obxectivo é “facilitar a comprensión e o desenvolvemento dos exercicios aos que o alumnado debe facer fronte dentro das actividades da Aula Newton”, dáse a coñecer o funcionamento do sistema galego de recepción e tratamento das chamadas de emerxencia efectuadas a través do número único europeo 1-1-2. Así, para “ambientar e crear un escenario suficientemente verosímil”, a Axencia Galega de Emerxencias puxo a disposición dos docentes da Aula Newton as instalacións e medios humanos do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia situado na Estrada para gravar unha peza audiovisual, na que se poden apreciar as formas de xestionar unha grave e real emerxencia na nosa terra. “Deste xeito, o coñecemento científico e a prevención e xestión dos riscos naturais danse a man nun espazo para a formación e o progreso das novas xeracións”, explican dende a Tecnópole. Engadindo que en First Scandinavia, principais impulsores das Aulas Newton en Europa, están interesados en poñer a disposición das súas aulas internacionais esta nova misión proposta desde Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?