Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés permite aforros do 80% coas súas tecnoloxías de alumeado profesional LED
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés permite aforros do 80% coas súas tecnoloxías de alumeado profesional LED

S. P.
Publicado: 24/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

televes_luz_alumeado.jpgTelevés vén de facer balance das súas máis innovadoras solucións nun ámbito de traballo no que a compañía galega é xa un referente, amais de no eido das telecomunicacións: o ámbito da enerxía e o alumeado sustentable e intelixente. As súas solucións neste eido teñen o nexo común de axudar ás empresas, ás administracións e á cidadanía en xeral a consumir recursos dun xeito máis respectuoso co medio ambiente ao tempo que reducen o gasto. Estes aforros poden chegar ao 80%.
Segundo explican fontes de Televés, “o consumo enerxético dos concellos sempre foi un dos apartados que máis parte dos seus orzamentos acaparaba; algo que non fixo senón agravarse ao longo dos últimos doce meses e que puxo nunha situación máis que comprometida a algúns concellos, motivando que algunhas administracións locais tivesen que modificar os seus orzamentos prevendo que se cumprisen os peores presaxios para o prezo da electricidade de face a 2022”.
Co obxectivo de evitar este tipo de situacións, e en “aras de reducir a porción dos seus orzamentos adicada ao consumo eléctrico”, Televés fornece aos concellos de recursos tecnolóxicos para actualizar a iluminación pública, poñendo en xogo medidas “eficaces e de rápido retorno”. A compañía de Santiago salienta casos de éxito tan sobranceiros como o da localidade de Armilla (Granada), onde unha actualización da instalación de iluminación na súa Cidade Deportiva pola tecnoloxía de iluminación LED profesional de Televés incrementou a calidade da visibilidade e mellorou os cocientes de eficiencia enerxética ata o punto de reducir o seu consumo enerxético nun 60%. “Este aforro”, engaden fontes da compañía galega, “non é só froito do bo facer da citada tecnoloxía LED, senón tamén do precario estado das infraestruturas de moitos municipios, equipados con luminarias e lámpadas completamente obsoletas, ou mal planificadas”.
Televés pon o foco deste xeito nalgunha das principais vantaxes da dita tecnoloxía de luminarias: non só consumen menos enerxía que calquera tecnoloxía anterior, senón que esta redución do gasto tamén permite ao Concello reducir a potencia contratada; “o que xera un aforro extra”. A isto engádese a maior vida útil e a mellor fabricación, que eliminan custos de mantemento e reposición.
Nesta liña de traballo, Televés fai saber que a súa gama de luminarias LED profesionais para interiores e exteriores aseguran aforros próximos ao 80 % da factura eléctrica, ao que se engade, nas súas palabras, “o selo de fabricación dunha empresa que leva anos sendo referencia de todos os sectores nos que entrou”. Esta excelencia na fabricación, sinala, “garante instalacións completamente seguras e sustentables”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?