Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro Económico destaca que o futuro das administracións pasa por forza pola dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro Económico destaca que o futuro das administracións pasa por forza pola dixitalización

S. P.
Publicado: 25/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_foro_economico_administracions.jpgO Foro Económico de Galicia, coordinado desde o Campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (GEN), presentou este martes 24 de maio un novo documento de análise baixo o epígrafe A reforma que a administración necesita: propostas para o s. XXI. Unha das grandes conclusións do traballo pon o foco no gran reto da transformación e na necesidade de asumilo a todos os niveis. En concreto, faise saber que “a dixitalización, a transparencia e a colaboración público-privada son chaves para a administración do futuro”. Neste punto, aconséllase no documento meirande profesionalización, unha burocracia máis eficaz e unha avaliación constante das políticas públicas.
O documento foi dado a coñecer polo director do Foro Económico de Galicia e catedrático da UVigo Santiago Lago e a súa autora, Concepción Campos, coordinadora de Rede Localis (rede xestionada tamén polo grupo GEN) e membro do grupo de expertos que elaboraron o informe 13 propostas para reformar a Administración do Estado (Ministerio de Facenda e Función Pública). Segundo explicaron, a reforma das administracións públicas é unha das políticas “panca” que deberá executarse no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) a través do instrumento dos Fondos Next Generation. Segundo este fío, a autora debulla unha serie de recomendacións necesarias para acadar os niveis de execución que se requiren dos fondos europeos. O documento indica que a modernización da administración pública é un proceso que comezou a mediados do século XX pero que non parece chegue ao seu fin: “A falta de éxito atópase en que soamente se basea en leis e tecnoloxía, sen ter en conta o concurso de múltiples factores, de persoas, de modelos de organización, de liderado para sacar adiante máis que unha reforma modernizadora, unha transformación do modelo de administración que poida asumir os retos do século XXI”, indican desde o foro.
As primeiras recomendacións do documento convidan a unha simplificación regulamentaria apuntando que “nos últimos anos cada vez apróbanse máis leis, pero non se avalían os seus resultados e impactos na actividade económica”. Amais, o informe tamén convida a unha simplificación procedemental. A autora salienta que “a mera dixitalización suporá unha considerable redución de cargas administrativas xa que segundo o Método de Medición de Custos, presentar unha solicitude presencial ten un custe de 80 euros, mentres que na presentación electrónica é de 5 euros”.
O documento tamén sinala que a disrupción tecnolóxica require á súa vez dunha disrupción organizativa e que cómpre evitar a “burocracia dixital”, ou sexa, contar con directivos profesionais que traballen por obxectivos e rendan contas, afastados da posible colonización política dos ámbitos de xestión profesional. “Isto”, engádese no texto, “supón un cambio cultural nas organizacións que leve á profesionalización da dirección pública”. Neste senso, unha das recomendacións máis importantes recollidas no informe é a avaliación das políticas públicas. “O único xeito de coñecer se as medidas son as acertadas é que tras a súa implantación se proceda ao seguimento e avaliación, sen que neste intre sexa habitual dita práctica. Este proceso avaliativo sistemático das políticas públicas constitúe unha necesidade de primeira orde nun estado democrático avanzado do século XXI”, afirma a súa autora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?