Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Edificio Quercus acolle o 30 de maio o I Foro APD sobre Tecnoloxía e Negocio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Edificio Quercus acolle o 30 de maio o I Foro APD sobre Tecnoloxía e Negocio

S. P.
Publicado: 25/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apd_santiago_tecnocloxia_e_negocio.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración co Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), organiza o vindeiro 30 de maio un evento de interese sobre o papel que xogarán as TIC nas empresas a curto, medio e longo prazo. Trátase do I Foro sobre Tecnoloxía e Negocio, que se celebra en Santiago (no Edificio Quercus do Parque Empresarial Costa Vella, en horario de 9.30 a 13.45 horas) co obxectivo de abordar os novos desafíos aos que se enfrontan as organizacións coas novas ferramentas como vehículo impulsor da súa expoñencialidade.
Sobre a xornada
A respecto das cuestións que se van abordar na cita, a APD lembra que tecnoloxía “deixou de ser un complemento nas empresas para converterse nun dos elementos máis importantes da nosa organización”. En consecuencia, unha empresa que queira crecer de maneira exponencial debe comprender a potencialidade do uso destas novas ferramentas disruptivas (desde a Intelixencia Artificial á cadea de bloques, pasando pola análise de información masiva, o chamado Big Data, ou as ferramentas inmersivas), complementando a estratexia directiva. En consecuencia, o gran obxectivo do I Foro APD de Tecnoloxía e Negocio é abordar estes novos desafíos, achegando luz sobre as macrotendencias que virán e onde se abordará a tecnoloxía como vehículo impulsor da expoñencialidade das organizacións.
Os relatores
Participarán Luis Álvarez-Sestelo, director executivo da firma galega Optare, Pablo Briesca, director xeral da Fundación CTIC, Antonio Couceiro, presidente da Fundación ITG, José Rodríguez Fernández, director comercial e de Marketing de ASM Soft, Mar Pereira, directora da axencia autonómica AMTEGA, Dora Casal, directora executiva de Roberto Verino, Rubén Tubío, responsable de PMO de Dinahosting, Ana Sánchez Álvarez, directora de APD Zona Noroeste, Luis Pérez Freire, director xeral do Centro Tecnolóxico Gradiant, Marcos Suárez Corral, director de I+D de Qbitia, Román Martínez Quiñones, director de Industrialización de Nueva Pescanova, Santiago Márquez Solís, CTO de Nexplore e Alfredo Castro Moral, director xeral de Serviguide Tech.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?