Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica gaña o concurso convocado polo Concello para a transformación dixital da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica gaña o concurso convocado polo Concello para a transformación dixital da Coruña

S. P.
Publicado: 25/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conecta_coruna_concello-2.jpgFinalmente será a operadora Telefónica España a empresa encargada de levar a cabo o proxecto de transformación dixital impulsado polo Concello, dotado con 5,3 millóns de euros e cun prazo de desenvolvemento e execución de cinco anos. A operadora terá, entre outros, o cometido de achegar servizos optimizados de telefonía fixa e móbil, a migración a telefonía IP de máis de 1.700 extensións e o subministro de servizos avanzados de telecomunicación para a Policía Local, o 010 ou os Bombeiros da Coruña. Tamén fornecerá solucións de vangarda en materia de ciberseguridade, servizos na nube, redes sen fíos (Wi-Fi) ou centros de atención.
En palabras de Telefónica, “esta transformación mellorará exponencialmente a interacción dixital cos cidadáns e sentará unhas sólidas bases tecnolóxicas para o desenvolvemento futuro de servizos dixitais”.
Para o desenvolvemento e execución deste plan de transformación dixital, Telefónica España contará con provedores internacionais do talle de Aruba, Azure, Fortinet, Google, Palo Alto ou Mitel.
Segundo explica a directora de Telefónica en Galicia, Paula Beirán, “A Coruña, cos seus 240.000 habitantes e o seu gran centro urbano, é unha cidade moi importante, e por iso os equipos da nosa compañía implicáronse enormemente para desenvolver un proxecto que non só dese solucións á demanda de servizos actuais, senón que sentase os alicerces para os novos servizos que sen dúbida irán aparecendo nos próximos anos. Estamos moi satisfeitos coa oportunidade que se nos brinda para percorrer este camiño ilusionante da man do excelente equipo técnico do Concello da Coruña”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?