Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Pazo de Arenaza acollerá o día 27 a primeira edición postCOVID da LaconNetwork
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Pazo de Arenaza acollerá o día 27 a primeira edición postCOVID da LaconNetwork

S. P.
Publicado: 25/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Imaxes da edición 2019 da LaconNetwork no Pazo de Arenaza
Imaxes da edición 2019 da LaconNetwork no Pazo de Arenaza
Este venres 27 de maio imos ter unha cita destacada na nosa axenda TIC: a primeira edición postCOVID da LaconNetwork, a cita informal sobre novas tecnoloxías que naceu en 2010 nun xantar onde se xuntaron algúns dos principais pratos da nosa gastronomía, por unha banda, e as cuestións máis relevantes da actualidade dixital galega e internacional, pola outra. Novamente será unha oportunidade inmellorable para conectar proxectos e emprendedoras e emprendedoras TIC da nosa terra.
laconnetwork-2.jpg A cita celebrarase no Pazo de Arenaza (Oleiros, A Coruña), un espazo pertencente a Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña e no que o equipo organizador destes xantares TIC, coincidindo coa apertura do histórico inmóbel, organizou en 2019 un edición da LaconNetwork á que asistiron máis de 50 empresarios e emprendedores tecnolóxicos de toda Galicia.
En palabras de Frankie Gómez, fundador e impulsor das LaconNetwork, “este evento xunta o tecido TIC de Galicia baixo un paraugas informal pero moi estable polo que pasaron máis de douscentos emprendedores e máis de cen proxectos que participan de forma recorrente”. Gómez tamén lembra que “se ben por causas do COVID as LaconNetwork quedaron pausadas nos últimos dous anos”, “o noso equipo organizou a finais de abril o Galicia Startup Congress, para retomar este venres as citas mensuais cun formato máis familiar e próximo que o dito congreso”.
Este venres 27 de maio o evento iniciarase ás 14:30. Dado que inclúe un xantar informal, para participar no mesmo e requisito previo a inscrición a través da ligazón habilitada na web destes encontros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?