Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Naturgy investirá en dixitalización 545 millóns de euros en Galicia ata 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Naturgy investirá en dixitalización 545 millóns de euros en Galicia ata 2025

S. P.
Publicado: 27/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

naturgy_laboratorio_de_redes_intelixentes_-_smart_grids.jpgNaturgy, a través da súa distribuidora eléctrica UFD, vai investir 545 millóns de euros ata 2025 en Galicia para dixitalizar a rede de seu, reforzar as súas infraestruturas e elevar a súa calidade de subministro na nosa terra. Segundo fixo saber a compañía, os investimentos previstos destinaranse sobre todo á innovación e á aplicación de novas tecnoloxías, a avanzar na telemedida, na telexestión dos puntos de subministración, no telecontrol e na sensórica, e tamén a fortalecer as infraestruturas. O obxectivo final das actuacións previstas é “optimizar o servizo aos clientes e integrar na rede eléctrica o incremento da xeración renovable”.
A empresa sinalou tamén que só en 2022, a compañía achegará 135 millóns de euros en proxectos de supervisión avanzada en baixa tensión, actuacións en media e alta tensión, ciberseguridade e xestión avanzada de activos, entre outros eidos de actividade.
foto_tendido_naturgy.jpg “Os investimentos realizados en sensórica e dixitalización das nosas infraestruturas”, engadiu Naturgy, “permitirannos seguir incrementando a calidade da subministración eléctrica en Galicia, que actualmente xa supera nun 8% a media de calidade en España”.
O director xeral de Xestión da Enerxía e Redes de Naturgy, Pedro Larrea, indicou que “este gran esforzo investidor previsto para tecnificar e dixitalizar as nosas redes contribuirá de maneira decisiva aos obxectivos da transición enerxética, xa que permitirá seguir integrando o constante incremento de xeración renovable, autoconsumo e xeración distribuída, co compromiso de garantir o servizo en condicións de eficiencia, seguridade e calidade”.
Entre outras actuacións de mellora das súas instalacións, UFD ten previsto construír un novo parque na subestación de Triacastela (Lugo); renovar a subestación de San Cibrao das Viñas (Ourense); e soterrar diversas liñas eléctricas aéreas nos arredores da subestación de Carballo (Coruña), conectándoas cun novo parque que construirá na devandita subestación.
Tamén construirá un novo parque e un novo transformador na subestación de Lalín (Pontevedra), e instalará unha nova liña de alta tensión, cun treito soterrado, entre a devandita subestación e a de Irixo, en Ourense, unha actuación que lle permitirá dispor de dobre alimentación por alta tensión na subestación de Lalín, garantindo a calidade e seguridade da subministración na zona.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?