Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A dixitalización será un dos grandes desafíos das bibliotecas públicas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A dixitalización será un dos grandes desafíos das bibliotecas públicas galegas

S. P.
Publicado: 27/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

biblioteca_libros_lectura.jpgO director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou no Parlamento o II Mapa de bibliotecas públicas de Galicia, a ferramenta para diagnosticar necesidades e orientar a acción pública neste ámbito cultural. O documento, dixo, “constata a positiva evolución destes centros nos últimos anos”, unha tendencia que tamén se mostra no ámbito tecnolóxico, con máis servizos en liña e máis recursos a disposición dos usuarios, por exemplo conexión Wi-Fi. Respecto das liñas de futuro, a folla de ruta apunta á necesidade de incrementar a dixilización, a accesibilidade e a proximidade “para chegar a aqueles territorios que non contan con estes centros”, un aspecto no que, avanzou, “a Xunta está a ultimar distintas medidas que permitan estender o alcance das bibliotecas”.
Entre os temas nos que puxo o foco Anxo Lorenzo atopábase o das políticas dirixidas ás persoas con discapacidade, “un dos principais retos que identifica o mapa”. Como recordou, “trátase dun aspecto no que a Xunta está a traballar xa a través de liñas de axuda para a mellora das infraestruturas e, con vistas ao futuro, tamén no marco da futura lei autonómica de cultura inclusiva e accesible”. Segundo engadiu, “o mapa identifica que, aínda que a meirande parte das bibliotecas teñen bos resultados en canto á adaptación física dos espazos (o 64% ten mobiliario e infraestruturas adaptadas) é preciso afondar en aspectos como a diversificación das coleccións ou o equipamento, con medidas como lupas electrónicas, pasapáxinas, monitores adaptados, recursos en braille, lectores de pantalla, entre outros”.
As bibliotecas en cifras
No documento faise saber que as bibliotecas abren unha media de 45 horas semanais e teñen unha superficie útil de máis de 98.000 metros cadrados. Máis da metade (o 53%) contan cunha sala específica para o público infantil. Hai máis de 17.000 postos de lectura e máis de 4.100 postos informatizados ou, o que é o mesmo, 1,7 postos dixitais por cada 1.000 habitantes. “Trátase dunha cifra por riba da media española onde a media está en 0,6 ordenadores de uso público dispoñibles nas bibliotecas por cada 1.000 habitantes”, sinalou Lorenzo, engadindo que “os centros bibliotecarios adáptanse tamén cada vez máis aos criterios de sustentabilidade. xa que o 64% delas adáptanse ás solucións de aforro enerxético”.
O desafío dixital
Anxo M. Lorenzo recordou que a adaptación á contorna dixital será outro dos retos. “Require dunha continua innovación para que estes centros non queden fóra da realidade polo que, ademais, agora reforzaremos os nosos esforzos para que as bibliotecas xoguen un papel primordial na loita contra a fenda dixital e na alfabetización dixital”, indicou. Para o representante da Consellería de Cultura, o II Mapa de Bibliotecas de Galicia serve “para poñer de manifesto as fortalezas e eivas dos servizos bibliotecarios da rede e, en consecuencia, reviste unha especial utilidade para fixar prioridades e obxectivos de cara ao futuro”. E engadiu: “Cómpre agora que tanto as entidades responsables dos servizos bibliotecarios como a Xunta teñamos en conta estes contidos á hora de levar a cabo a súa planificación estratéxica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?