Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ecosystems 2030 converterá A Coruña na capital das tecnoloxías os días 2 e 3 de xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ecosystems 2030 converterá A Coruña na capital das tecnoloxías os días 2 e 3 de xuño

S. P.
Publicado: 27/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_ecosystems_2030_presentacion.jpgA Coruña, concretamente o recinto PALEXCO, vai acoller os días vindeiros un evento tecnolóxico de gran relevancia: a segunda edición de Ecosystems 2030, que xuntará no dito pazo de congresos a medio centenar de expertos de empresas tecnolóxicas de primeira liña, co reto común de avaliar as posibilidades que abren tecnoloxías disruptivas, ou sexa, a robótica, a Intelixencia Artificial, a cadea de bloques, as tecnoloxías inmersivas, o ámbito fintech ou os vehículos intelixentes e autónomos.
Presentación
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu este xoves 26 no Pazo Municipal de María Pita aos organizadores e patrocinadores do congreso de innovación tecnolóxica Ecosystems 2030 A Coruña Summit 2022, que se celebra os días 2 e 3 de xuño. O evento, dixo, suporá “unha grande oportunidade para consolidar á Coruña como referente de innovación científica e tecnolóxica”.
Como novidade, o congreso contará cunha sesión aberta á cidadanía e ao empresariado local, achegando o coñecemento profesional nacional e internacional a todos os coruñeses e coruñesas que o desexen.
A alcaldesa, Inés Rey, sinalou a vocación do Concello para que Ecosystems 2030 volva ter sede na Coruña o vindeiro ano: “Da mesma forma que Davos pasou a dar nome á reunión anual do Foro Económico Mundial, esperamos que A Coruña pase a darlle nome ao evento sobre innovación tecnolóxica máis relevante e influínte do mundo”.
Entre os relatores confirmados no congreso Ecosystems 2030 A Coruña Summit 2022 están gobernantes como o ex primeiro ministro de Finlandia, así como altos executivos e directivos das compañías máis relevantes e referenciais do mundo: Google, Microsoft, IBM, Amazon, Mastercard, JP Morgan e Deloitte, entre outras. Inés Rey destacou tamén que “o rei, Felipe VI, aceptou o convite para ocupar a presidencia do Comité de Honra do Congreso, o que dá conta da relevancia que Ecosystems2030 ten para o futuro do país”.
Na rolda de prensa interviron, ademais da alcaldesa; Omar Hatamleh, exdirector de Innovación da NASA, e presidente executivo do congreso Ecosystems 2030; Manel Cerqueda, presidente de MyInvestor e conselleiro de AndBank; Antonio Viejo, director de asuntos corporativos de Hijos de Rivera. Tamén estiveron presentes Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá; Moisés Naranjo, xerente do consorcio de Turismo da Coruña; Rafael Sánchez, director financeiro de Trison Europe; Raúl Estradera, director de comunicación de Inditex; Senén Ferreiro, Socio-director de Valora; Alicia Fernández, Valora; Jaime Pereira Gil, director executivo de Aeocámaras e Carlos Lodeiro e Rubén Rey, de Andbank.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?