Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 15 de xuño abre a convocatoria máis internacional e disruptiva da aceleradora BFAero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 15 de xuño abre a convocatoria máis internacional e disruptiva da aceleradora BFAero

S. P.
Publicado: 30/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conde_argerey_aeromedia.jpgFrancisco Conde e Patricia Argerey, conselleiro de Economía e directora da axencia GAIN, visitaron na mañá deste luns 30 de maio a sede da empresa Aeromedia en Oleiros, firma centrada (dende hai unha década) no desenvolvemento avanzado de vehículos aéreos non tripulados. Durante a súa estadía, avanzaron que o 15 de xuño abre a nova convocatoria da aceleradora aeroespacial galega BFAero, impulsada dende a Axencia Galega de Innovación (Consellería de Economía). Farao, sinalaron, “cun enfoque máis internacional e na busca de sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia, contribuíndo a converter BFAero un referente europeo en innovación aberta e disruptiva”.
conce_aeromedia_1.jpg O obxectivo, engadiron, é dar continuidade á colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo para desenvolver dúas novas edicións, a cuarta e a quinta, cun investimento total de 7,2M€ co que se pretende apoiar 25 empresas do sector.
Tamén fixeron saber que a nova convocatoria contará cunha fase de incubación de 12 meses, dirixida fundamentalmente a proxectos de emprendemento no sector aeroespacial (spin-offs, start-ups e spin-outs) e unha fase de aceleración de oito meses para empresas xa existentes con alta capacidade de crecemento. Como novidade establécese unha nova fase de consolidación de catro meses para empresas galegas da industria aeroespacial cunha antigüidade máxima de ata sete anos.
conde_aeromedia_2.jpgA aceleradora xa favoreceu, nas súas tres primeiras edicións, a participación de 19 empresas, a creación de oito e un investimento de 5M€.
O vicepresidente económico destacou a participación de Aeromedia no Polo Aeroespacial de Galicia en diferentes proxectos cun orzamento superior aos 500.000 euros, así como na BFAero, onde desenvolveu unha spin-out, Generadron, adicada á inspección de aeroxeradores e de plataformas off-shore.
Tamén puxeron en valor o traballo de Aeromedia, que conta cunha década de experiencia no sector dos vehículos aéreos non tripulados e cunha carteira de servizos para diferentes administracións, tamén a nivel internacional, salientando os seus traballos de topografía nas zonas afectadas pola erupción do volcán na Illa da Palma; os servizos de vixilancia aduaneira no Ministerio de Facenda ou a colaboración co Inta en proxectos como CanSat.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?