Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames e AGASOL favorecerán a dixitalización da cidadanía con software libre e reciclaxe de equipos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames e AGASOL favorecerán a dixitalización da cidadanía con software libre e reciclaxe de equipos

S. P.
Publicado: 30/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

concello_ames_agasol_acordo.jpgA Concellería de Benestar Social do Concello de Ames uniu forzas coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) para o lanzamento de dúas iniciativas de alfabetización dixital, sustentabilidade e acción solidario-tecnolóxica. Estamos a falar da Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre do Concello así como do Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre. Entre os obxectivos da oficina, situada no antigo centro de saúde, figuran os de reducir a fenda TIC para colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico no municipio. Do seu seo sairán actividades de alfabetización dixital para aquelas persoas que o necesiten.
Ademais, ofrecerase axuda para resolver dúbidas relacionadas coa tecnoloxía e será un punto de encontro onde aprender, compartir e construír. O local estará situado no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8.
Por outra banda, o Banco de Reciclaxe Electrónica de Software Libre recollerá equipos electrónicos doados por persoas ou institucións que xa non os usan e que poidan seguir sendo operativos para persoas con menos recursos. En concreto, recolleranse ordenadores portátiles, torres, periféricos (monitor, teclado, rato…) e compoñentes internos (RAM, HDD…). Estes equipos formataranse e serán reacondicionados para alongar a súa vida útil e así ofrecer a posibilidade de reutilización aos colectivos en situación de risco de exclusión.
Na presentación formal do acordo (celebrada este luns 30 de maio na Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns) fíxose saber que os compoñentes e pezas a substituír para a reparación dos equipos correrán da conta de AGASOL. Esta iniciativa, engadiuse, “tamén valorará a posibilidade de ofrecer apoio e soporte no eido do software libre para as empresas e entidades da contorna”.
Ao acto deste 30 de maio asistiron Luisa Feijóo, concelleira de Benestar Social e Voluntariado; Carlos Rodríguez, presidente de AGASOL; Luis Alberto Fernández, xerente de AGASOL; Rubén Ramos, coordinador da Oficina de Voluntariado de Ames; Soraya Añón, educadora familiar do Concello de Ames; Sergio Fernández, responsable de voluntariado de Enxeñaría Sen Fronteiras; Iván Tourís, responsable do banco de reciclaxe electrónica de Teo, e Jorge Lema, voluntario do banco de reciclaxe electrónica da Coruña.
A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Luisa Feijóo, recordou que “a pandemia fixo moito máis evidente a fenda dixital e que as administracións deben traballar non só para que sexa máis fácil acceder, senón que todas e todos poidamos facelo”. E engadiu: “En 2020 púxose en manifesto unha fenda dixital moito máis grande do que pensabamos, nun momento no que todo se facía de xeito virtual e no que a xente se vía afectada, xa fora por idade, por formación ou mesmo polas súas circunstancias económicas. Durante a pandemia dende Voluntariado pedimos ás veciñas e veciños que nos achegaran equipos vellos en desuso, e acabamos repartindo uns doce. Agora a idea é facelo moito mellor e chegar a moita máis xente, a parte de tocar aspectos como a redución do consumo do lixo electrónico, así como a implantación do software libre, que creo que é unha das ferramentas para ao acceso universal ás tecnoloxías da información”.
Pola súa banda, o presidente de AGASOL, Carlos Rodríguez, resaltou a importancia do software libre á hora de garantir o acceso universal ás tecnoloxías da información. “Quero agradecer que contedes connosco para este proxecto, cando escoitamos estas palabras sobre o software libre latéxanos o corazón, non só e instalar algo, é darlle liberdade e máis posibilidades ás persoas”.
Ademais, o xerente de AGASOL, Luis Alberto Fernández, compartiu algúns dos obxectivos desta iniciativa: “A finalidade é intentar romper a fenda dixital usando tecnoloxía libre. Isto arrinca, temos xa experiencia en varios bancos de reciclaxe e queremos ver o que se demanda no eido da formación e dos servizos para ir construíndo. Adaptarnos ao que necesita a xente e propoñer, que sexa beneficioso e que a xente saiba que estamos aí para axudar”.
Tamén engadiron que todos os sistemas operativos que se utilicen, así como os programas instalados, serán libres. “Isto permitirá”, explicaron, “que as persoas usuarias finais dos equipos queden libres de pagar licenzas e de ter restrinxido o seu uso. Desta forma, conséguese loitar contra a obsolescencia de moitos equipos debida a cambios de versión dun sistema operativo propietario que, co paso do tempo, consume e necesita máis recursos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?