A directora da AMTEGA, Mar Pereira, recalcou a importancia de integrar a tecnoloxía na estratexia empresarial e nas organizacións así como a implicación da dirección no seu impulso, xa que é desde onde se produce o cambio que ten como panca a dixitalización durante a súa participación esta mañá en Santiago na inauguración do Foro APD de Tecnoloxía e Negocio, no que se abordaron os retos das organizacións e a súa adaptación á tecnoloxía do dato, a Intelixencia Artificial ou o Blockchain.
A responsable da axencia autonómica recordou que España conta con más de 20.000 millóns de euros dos Fondos Europeos Next Generation e que seu departamento está a executar 37 proxectos por importe de 200 millóns de euros destes fondos. Neste sentido Pereira lembrou que Galicia conta con tres estratexias no ámbito da dixitalización, a Estratexia Galicia Dixital 2030 que mobilizará 4.000 millóns de euros; a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, que mobilizará máis de 330 millóns de euros públicos da Xunta de Galicia no período 2021-2030; e o Marco Galego de Competencias Dixitais que ten como obxectivo que o 70% dos galegos teñan competencias dixitais básicas no 2025
A directora da AMTEGA destacou a importancia de coordinar a xestión dos fondos desde a cooperación entre administracións e co sector privado para configurar un contexto rexional dixital no que impulsemos a conectividade, a ciberseguridade, as competencias dixitais e a especialización tecnolóxica. En canto ao tecido empresarial sinalou que son fundamentais as axudas e o acompañamento para que as empresas adopten tecnoloxías de alto impacto como a intelixencia artificial, a tecnoloxía do dato ou o blockchain.
Mar Pereira salienta a importancia da tecnoloxía na estratexia empresarial
Compartir Este Artigo
