Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O cómic xaponés na era dixital centra estes días un simposio internacional no Campus de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O cómic xaponés na era dixital centra estes días un simposio internacional no Campus de Pontevedra

S. P.
Publicado: 31/05/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_pomanga6.jpgO Campus de Pontevedra acolle esta semana (onte e hoxe) un evento internacional no que expertos europeos e xaponeses afondan na evolución do cómic na sociedade dixital. O simposio Manga in a postdigital environment, que se celebra na Vicerreitoría, ten o obxectivo de “analizar, poñendo o foco no manga e no cómic xaponés, as transformacións formais, estéticas e narrativas que as tecnoloxías dixitais teñen producido neste medio”. Participan, a través dun formato híbrido (presencial e virtual) investigadores e investigadoras de diferentes universidades europeas (Alemaña, Suecia, Turquía e España) e xaponesas.
uvigo_pomanga3.jpg Trátase do sexto Foro Internacional de Creación na Fronteira que promove o grupo de investigación dx5 (digital & grapghic art research) da Facultade de Belas Artes, e insírese no proxecto de investigación, coordinado polo investigador José Andrés Santiago, Estudos transdisciplinares sobre cómic, seleccionado en 2019 na convocatoria de Proxectos de I+D+i Retos de Investigación, do Ministerio de Ciencia e Investigación.
O evento, que foi inaugurado este luns pola directora do grupo dx5, Ana Soler, pon o foco no presente e o futuro do manga contemporáneo, facendo fincapé na interacción desta linguaxe coas vertentes dixitais e postdixitais.
Con estes puntos de partida, o VI Foro Internacional de Creación na Fronteira arrancou cun relatorio que Santiago e a tamén investigadora do grupo dx5 Tatiana Lameiro centraron no papel que xoga a tipografía, como “unha extensión da imaxe e unha ponte narrativa”, no cómic xaponés, a partir da análise de “dúas das series de manga máis populares” dos últimos anos, Naruto e Bleach.
uvigo_pomanga2.jpg A continuación, o investigador da Universidade de Tubinga Lukas R.A. Wilde afondou na construción de personaxes ligados á cultura popular xaponesa, mentres que, nunha intervención por vídeo-conferencia, Selen Çalik Bedir, da universidade turca de Beykoz, abordou como o desenvolvemento de cómics específicos para realidade virtual pode influír na característica organización de páxinas do manga. Tamén nesta xornada, a investigadora da universidade xaponesa de Tohoku Olga Kopylova analizou as “variacións textuais” que existen nas series de manga entre a súa publicación por capítulos nas revistas e a súa compilación en tomos.
Xa pola tarde, o experto da Seisa Dohto University Miho Taekuchi afondou no uso que os seareiros fixeron das columnas de lectores nas revistas de manga, antes de que os dispositivos dixitais permitisen aos creadores afeccionados compartir facilmente os seus traballos. O papel que estas revistas tiveron na “estandarización” do deseño destes cómics e en como a habitual disposición das páxinas se ten trasladado ao formato dixital dos webtoons constiuíu, por outra banda, o eixo da intervención de Dalma Kálovics, do Yokote Masuda Manga Museum, mentres que a profesora da Universidade de Estocolmo Jaqueline Berndt propuxo “revisitar” desde unha “perspectiva postdixital”, o que chama os “proxenitores do manga”, os emaki, rolos de imaxes do Xapón medieval, e os libros ilustrados kusazoshi.
uvigo_pomanga1_0.jpg Esta primeira xornada pechouse coa análise das diferencias que supón o paso do manga en papel ao formato de webtoon, o máis consumido a día de hoxe en países como Corea do Sur, da investigadora da Kyoto Seika University Bon Won Koo.
Este martes, o simposio continúa cos relatorios de Per Israelson, da universidade alemá de Linköping; e de Stevie Suan, da Hosei University, quen se deterá na “transnacionalidade” do anime. Por último, Nicolle Lamerichs, da Universidade de Ciencias Aplicadas de Ultrecht afondará no “impacto na distribución, creación e recepción do manga” que supuxo o desenvolvemento de novas plataformas dixitais, mentres que Zoltan Kacsuk dará a coñecer o proxecto Japanese Visual Media Graph, a base de datos sobre manga e anime que desenvolven na Stuttgart Media University.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?