A Casa da Cultura de Porto do Son acolleu este 26 de maio unha charla impartida polo profesor da USC e investigador Antonio Rial Boubeta, un dos grandes expertos dos ámbitos galego e estatal en metodoloxías para garantir usos racionais, útiles, seguros e rendibles das novas ferramentas dixitais. A sesión divulgativa para as familias Claves para educar @s nos@s fill@s nɑ erɑ dixitɑl (Previr para evitar adiccións) veu da man de CAFI Galicia, a Xunta (Consellería Cultura e Educación) e o Concello de Porto do Son.
O relator defendeu e reivindicou en Porto do Son as vantaxes das novas tecnoloxías para a nenez e a mocidade (para comunicarnos, para informarmos, para traballar, para enriquecernos) pero dende un punto de vista racional, controlado e supervisado.
Antonio Rial Boubeta, doutor e Psicoloxía, é autor dun informe recente de UNICEF, a USC e o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) no que se constata que un de cada catro adolescentes fai un uso problemático de Internet e as redes sociais. Esta investigación, arredor da que xirou parte do relatorio ofrecido en Porto do Son, témola dispoñible na páxina web da dita organización humanitaria.
Antonio Rial mostrou ás familias de Porto do Son os riscos e vantaxes das TIC
Compartir Este Artigo

