Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a Deputación de Pontevedra organizan unha charla sobre IA na medicina e sobreinformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a Deputación de Pontevedra organizan unha charla sobre IA na medicina e sobreinformación

S. P.
Publicado: 01/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornadas_5._2_xuno.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra promoven a terceira edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, unha actividade gratuíta destinada a “espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social” e “impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia”, en palabras das súas entidades, que engaden que este xoves 2 de xuño celebrarase unha nova sesión do ciclo, ás 19.00 horas, de xeito online (cunha ligazón que obteremos unha vez rexistrados na páxina web da Deputación).
Centrarase na Intelixencia Artificial e as súas potencialidades no ámbito da saúde e máis na sobreinformación e nos xeitos de afrontala.
Estará moderada pola vicepresidenta da RAGC e coordinadora do ciclo, Alicia Estévez.

Contidos
  • As aplicacións da Intelixencia Artificial en Medicina
  • Como combater a actual saturación de información

As aplicacións da Intelixencia Artificial en Medicina

A profesora María José Carreira
A profesora María José Carreira
María José Carreira Nouche é profesora titular da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa conferencia tratará a utilización da Intelixencia Arficial na imaxe médica.
Nesta charla a investigadora realizará unha aproximación ás tecnoloxías intelixentes e á súa contribución ao avance na interpretación automática de imaxes médicas. Así, fará “un percorrido por distintas aplicacións das tecnoloxías de Intelixencia Artificial que se están a empregar na actualidade, en especial as redes neuronais de aprendizaxe profunda, que están a amosar moi bos resultados neste ámbito”, avanza.
A experta abordará ademais dúas cuestións importantes vencelladas a este tipo de redes. Por unha banda, referirase “ao determinante que resulta un deseño rigoroso da experimentación, é dicir, da información que se proporciona a estes sistemas para aprender”. Pola outra, afondará “na explicabilidade dos resultados”, xa que, segundo sinala, “podemos obter bos resultados pero sen coñecer cal foi a información relevante para alcanzalos, o que pode facer que o sistema non sexa crible para a comunidade médica”.

Como combater a actual saturación de información

O profesor José Pazos Arias
O profesor José Pazos Arias
Pola súa parte, José Pazos Arias, catedrático no Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo e Académico Numerario da RAGC, explicará como combater a actual saturación de información. Nesta liña, salienta que “estamos a ser testemuñas dun crecemento sen límite da información de todo tipo dispoñible en Internet. Así, se pode acceder, en calquera momento e lugar, a unha cantidade moi ampla de contidos e servizos: entretemento, noticias, contidos educativos, teleadministración, comercio electrónico, asistencia sanitaria…”. O catedrático apunta que, “a pesar das súas vantaxes e oportunidades, este novo escenario deu lugar a unha saturación de información ou dificultade -cando non imposibilidade- para acceder á información de interese, moitas veces porque non somos sequera conscientes de que tal información existe na Rede. A navegación por Internet non se limita, por tanto, só á procura de información, senón tamén ao seu descubrimento”.
Nesta conferencia presentaranse os denominados sistemas recomendadores, cuxo obxectivo é seleccionar, entre unha cantidade inxente de opcións e de forma automática e proactiva, contidos de interese para un usuario ou grupo de usuarios nun contexto concreto. Amosaranse diferentes estratexias que empregan estes sistemas para elaborar as súas recomendacións, os seus principais dominios de aplicación e as vantaxes e inconvenientes do seu uso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?