Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Xornadas Xurídicas de Sarria analizarán a relación entre Intelixencia Artificial e Dereito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Xornadas Xurídicas de Sarria analizarán a relación entre Intelixencia Artificial e Dereito

S. P.
Publicado: 01/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornadas_xuridicas_sarria.jpgAs XV Xornadas Xurídicas de Sarria Román García Varela, que se celebrarán na Casa da Cultura da localidade lucense os días 3 e 4 de xuño, abordarán este ano a relación entre a Intelixencia Artificial (IA) e o Dereito. O vicepresidente do Tribunal Constitucional, Juan Antonio Xiol Ríos, impartirá a conferencia inaugural do encontro, que está organizado polo Concello de Sarria e que forma parte do programa de Formación Continua do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).
Ao longo dos dous días, expertos en ambas materias participarán en mesas redondas nas que analizarán, entre outras cuestións, a biometría no proceso de investigación criminal, a propiedade intelectual das obras creadas por Intelixencia Artificial ou o cibercrime.
As xornadas, que están dirixidas polo letrado da Administración de Xustiza Román García-Varela Iglesias e polo catedrático de Dereito Mercantil e avogado Carlos Lema Devesa, contarán coa presenza de prestixiosos relatores, entre eles maxistrados do Tribunal Supremo e da Audiencia Nacional ou o fiscal xefe da unidade de extradición en Reino Unido, quen dará unha visión internacional da importancia da IA no Dereito.
O curso tentará estudar os desafíos e oportunidades que implica a utilización destas tecnoloxías, analizando os marcos éticos e legais para garantir que a IA se desenvolva e aplique sobre a base dos valores e dereitos fundamentais do noso Estado de Dereito.
Esta XV edición comezará o vindeiro venres, 3 de xuño, ás 10 horas. Ao acto de inauguración asistirán o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o alcalde de Sarria, Claudio Garrido; o vogal do CXPX Juan Manuel Fernández; o conselleiro de Xustiza, Diego Calvo; e o deputado da Deputación de Lugo Pablo Rivera. A clausura, que será o sábado 4 de xuño ás 13 horas, contará coa asistencia da secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia, Carme Artigas Brugal; o vogal do CXPX Rafael Mozo; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde; a directora do Centro Asociado UNED Lugo, Ana Traseira; e os codirectores das xornadas, Román García-Varela Iglesias e Carlos Lema Devesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?