Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A vertente profesional da Maker Faire Galicia enche o Gaiás de presentacións de proxectos e premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A vertente profesional da Maker Faire Galicia enche o Gaiás de presentacións de proxectos e premios

S. P.
Publicado: 02/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maker_faire_galicia_2.jpgEsta semana comezaron as xornadas adicadas ás empresas e ás/aos profesionais da Maker Faire Galicia, a feira galega de tecnoloxías abertas, participativas e disruptivas que chega á súa oitava edición e que se celebra en Santiago en formato presencial, na Cidade da Cultura. Este 2 de xuño, logo das actividades preliminares de onte, a apertura da sesión virá da man de Marcos Saavedra, co-fundador da Maker Faire Galicia, Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD, Ana Isabel Reboredo, xerente da Fundación Cidade da Cultura, Norberto Penedo, director da área de competitividade do IGAPE e Gumersindo Guinarte, concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago.
O encontro comezará coa intervención de Pepe Martín, director executivo (CEO) de Minimalism e continuará cunha mesa dedicada á Industria 5.0, na que participarán Miguel Varela, CEO de Teimas, María Caeiro, conselleira delegada de Grupo Caeiro, Sara Torreiro, coordinadora de RSC e Mercadotecnia en Casa Grande de Xanceda e Cecilia Mariño, directora de RRHH e Transformación Dixital en Grupo Zendal.
Trala presentación dos proxectos finalistas aos premios e a pausa-café, seguiranlle dúas mesas dedicadas ao financiamento de proxectos e tecnoloxía e saúde mental. Nelas participarán Carmen Pumariño, de Startup Galicia, Mare Martínez, responsable da área de startups en Fi Group, Pablo Mosquera, director de investimentos de Unirisco e Luz Castro da Aceleradora Galega de Videoxogos. Na mesa de tecnoloxía e saúde mental participarán Pilar Llácer, filósofa e escritora, Javier Serrano, director executivo de Mentiness, Clara Etchevers, chapter lead de Neurotech.gal e Tamara Cutrín, responsable de persoas e cultura en Teimas.
O encontro finalizará coa entrega de premios da man de Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Ana Pérez, project manager en Innovación en Servizo Móbil e Óscar Miguel Bandín, fundador de Diario Motor e membro da xunta directiva de Startup Galicia.
A 8ª edición da Maker Faire Galicia celebrarase no Museo Gaiás e está organizada por Design Thinkers and Makers S.L. Enmárcase dentro do proxecto Capacita Directivos co apoio da Xunta de Galicia, o Círculo Financeiro de Galicia (CFG) e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD). Conta tamén coa colaboración do Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?