Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O talento innovador da mocidade, protagonista este sábado en Pontedeume grazas ao proxecto Horizontec
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O talento innovador da mocidade, protagonista este sábado en Pontedeume grazas ao proxecto Horizontec

S. P.
Publicado: 02/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

proyecto-horizontec.jpgO talento innovador das novas xeracións vai ser o protagonista desta fin de semana en Pontedeume. Serao da mano do Club Tecnolóxico Horizontec, que este sábado 4 de xuño organiza na Casa da Cultura da vila coruñesa a presentación final de proxectos, partir das 19:00 horas. O obxectivo deste club é “empoderar tecnoloxicamente a mocidade da comarca e desenvolver a súa paixón por atopar solucións innovadoras aos retos reais do presente e o futuro”.
Horizontec leva desde o pasado febreiro apoiando a mozos e mozas de entre 13 e 16 anos residentes na zona de Ferrolterra para o desenvolvemento de proxectos de carácter tecnolóxico.
O club iniciouse co apoio do Concello de Pontedeume, ao abeiro da súa Aula CeMIT.
Tres claves
Pensamento analítico, comunicación e xestión da incerteza imperante no mundo real foron tres das claves deste proxecto, que busca demostrar aos adolescentes que “poden construír o futuro que desexen”, axudando deste xeito a materializar un futuro na comarca mediante o traballo cooperativo en proxectos avanzados.
“Buscamos que as rapazas e rapaces crean que poden facer algo que lles guste. Necesitarán ferramentas e percorrido para facelo, así que llelos facilitamos a través de proxectos que lles ilusionen. Ás veces non saen ben, pero aprendemos da experiencia”, indica Pablo Botas, fundador e director de Horizontec, engadindo que “a comarca necesita que as seguintes xeracións cambien as cousas e para iso temos que traballar distinto a como se fixo ata agora. O dominio da tecnoloxía é importante, pero ter confianza e saber manexar situacións complexas é máis importante aínda”.
Deste xeito, o vindeiro sábado, os alumnos e alumnas que participaron no obradoiro mostrarán os proxectos desenvolvidos neste tempo, como un espertador para persoas con problemas auditivos, unha maqueta de pavillón de baloncesto robotizado ou un sistema de tracking de xogadoras de baloncesto. Ademais, contarase coa colaboración de Javier Bosch, presidente de NBN23, a solución de estatísticas dixitais de baloncesto máis avanzada do mercado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?