Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 41% dos internautas recoñece facer operacións online que comprometen a súa seguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 41% dos internautas recoñece facer operacións online que comprometen a súa seguridade

S. P.
Publicado: 03/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

como_se_protexe_a_cidadania_en_internet_observaciber.jpgObservaCiber, o observatorio público estatal centrado en cibersesguridade coordinado polo ONTSI e o INCIBE, vén de presentar un estudo sobre o nivel de protección en liña da cidadanía española no que se certifica a necesidade de seguir afondando na cultura das navegacións protexidas. De feito, dise nel que nove de cada dez españois enquisados recoñece a necesidade de formarse en materia de seguridade en Internet. É un dos datos que se desprenden do Estudo sobre percepción e nivel de confianza en España. Como se protexe a cidadanía ante os ciberriscos, correspondente ao segundo semestre do 2021.
Esta investigación céntrase en coñecer o grao de coñecemento e preparación que ten a poboación española en materia de ciberseguridade mediante a análise dos seus hábitos e condutas en Internet entre xullo e decembro de 2021. Para iso, comparou datos obtidos a través de enquisas e do escaneo consentido de dispositivos electrónicos (tabletas, móbiles Android e computadores). Preténdese “obter unha visión realista do estado de saúde dos dispositivos en España e a percepción da cidadanía sobre medidas de protección dixital”.
O estudo constata que os dispositivos móbiles e computadores aínda están expostos a ameazas e ataques, malia o crecemento do número de internautas e da información dispoñible sobre navegacións seguras. O informe tamén pon de manifesto que durante o último semestre de 2021 o 3,7% dos dispositivos móbiles e o 51,5% dos computadores sufriron unha infección por software malicioso (malware).
Amais, sinálase que entre xullo e decembro de 2021 diminuíron os hábitos de usar contrasinais, do 59,5 ao 55,7%, ou borrar periodicamente os arquivos temporais e cookies, desde un 40,1 ao 38%. Tamén baixou o número de persoas que empregan antivirus; do 58,7% ao 53,1% neste semestre. Ademais, son menos quen declaran ter actualizado o sistema operativo do seu computador; baixa do 61% ao 56,1%, aínda que o dato da análise das máquinas demostra que case una de cada dúas persoas si fai esa actualización.
Durante o últimos seis meses de 2021, o 70,9% das persoas que se conectaron a Internet sufriron unha situación de fraude. Na maioría dos casos foron convites a visitar webs sospeitosas (63,2%), ofertas de servizos ou produtos non solicitados (46,5%) ou a solicitude de claves ou de información persoal (24,3%).
O PIN segue a ser a medida máis utilizada para protexer os dispositivos móbiles, un hábito para o 87,9% da poboación. Pola contra, son menos empregadas outras metodoloxías como o antivirus e o cifrado de datos. Neste caso, seis de cada dez declaran ter un software contra ataques instalado no seu teléfono, e un 46,5% emprega un xestor de contrasinais.
A análise de dispositivos revela que, aínda que o 87,4% das persoas enquisadas di que leva a cabo a actualización de seguridade, só un 72,5% faino realmente.
Este estudo tamén subliña que unha parte da poboación aínda realiza accións en Internet que poden comprometer a súa información, como descargar contidos desde webs non oficiais; un 41,1% de quen se conectan a Internet declara levar a cabo algunha conduta deste tipo de maneira consciente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?