Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña oferta máis de 800 prazas para formación gratuíta en liña en nova mercadotecnia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña oferta máis de 800 prazas para formación gratuíta en liña en nova mercadotecnia

S. P.
Publicado: 22/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

marketing_traballando_computador_mobil.jpgO Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, ofrece un novo catálogo de accións formativas en liña para ampliar as habilidades no mundo laboral. O prazo de inscrición será do 20 de xuño ao 4 de xullo, día que darán comezo os cursos; a matrícula pode realizarse dende a web municipal de Emprego. A convocatoria incluirá máis de 800 inscricións en materias relacionadas co comercio innovador e a nova mercadotecnia: comercio electrónico e venda en liña, teletraballo, call centers, comunity managers, satisfacción ao cliente ou calidade e resolución de queixas.
“Todas as accións formativas están dirixidas a competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual”, explica o Concello, engadindo que estes cursos serán cen por cen en liña, dispoñibles e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana. Terán preferencia na matrícula as persoas maiores de 16 anos que estean empadroadas no concello da Coruña e serán de balde para residentes no municipio.
Anterior convocatoria de formación en liña
O pasado mes de marzo, o Concello da Coruña abriu unha convocatoria de formación en liña, con 13 cursos programados de idiomas en diferentes linguas e niveis (inglés, alemán e francés), así como 10 da rama de administración de empresas con especializacións en seguridade informática, sinatura dixital, rexistros electrónicos, trámites en liña, interpretación da linguaxe corporal, comunicación persuasiva, control emocional ou habilidades directivas.
Na convocatoria de marzo ofertáronse un total de 700 prazas, das que se solicitaron 596 matrículas, 336 en idiomas e 260 en administración de empresas.
Continúan os cursos de Coruña Suma
Ademais da formación en liña, o Concello da Coruña ten en marcha o proxecto Coruña Suma, unha iniciativa co-financiada polo Fondo Social Europeo que pretende mellorar a inserción laboral de persoas en desemprego. Ata o mes de setembro, no marco de Coruña Suma está previsto o inicio de outros 6 cursos de formación para persoas desempregadas:
7 de xullo. Rexistros contables.
14 de xullo. Técnicas administrativas básicas de oficina.
26 de xullo. Alteracións dexenerativas, demencias e alzhéimer.
7 de setembro. Programación orientada a obxectos con JAVA.
1 de setembro. Técnicas de recepción e comunicación.
15 de setembro. Xestión comercial de clientes con novas tecnoloxías.
Coruña Suma forma parte da batería de medidas postas en marcha polo goberno de Inés Rey durante o actual mandato para o fomento do emprego. A información pode consultarse na web de Coruña Suma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?