Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A transformación e a sustentabilidade centrarán o V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A transformación e a sustentabilidade centrarán o V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

S. P.
Publicado: 27/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

vencontro_cabeceraweb_01-1536x448.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza este mércores 29 de xuño a quinta edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia, un evento para conmemorar o Día Muncial do Deseño Industrial que terá formato híbrido presencial-virtual: fisicamente dende o CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) e coa opción de podermolo seguir en streaming.
A cita está aberta a profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto), estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sustentabilidade nas súas organizacións.
“Nesta edición”, informa GAIN, “ponse o foco no deseño como elemento de transformación capaz de facilitar a innovación nas pemes no marco dos obxectivos de desenvolvemento sustentable”.
Os asistentes terán ocasión de coñecer a experiencia de empresas galegas que xa están a desenvolver proxectos de aplicación do deseño estratéxico grazas ao apoio do Programa DeseñaPEME da Xunta de Galicia.
Os relatorios estruturaranse en tres bloques:
-Futuro dixital e desenvolvemento sustentable.
-O rural como motor empresarial e de innovación.
-Economía circular e creativa.
O abeírase ás celebracións do Día Mundial do Deseño Industrial. No seu transcurso, media ducia de empresas galegas beneficiarias do programa DeseñaPEME expoñerán a súa experiencia na incorporación do deseño como ferramenta de innovación e competitividade
desenapeme.jpgVisión práctica
As persoas participantes terán acceso a “unha visión práctica e aplicada sobre o tema” a través, como dixemos, das experiencias de empresas galegas que xa están desenvolvendo proxectos grazas ao apoio do dito programa de GAIN. Star Electrónica e MRF intervirán como casos de éxito no ámbito do futuro dixital e o desenvolvemento sustentable. A-vida by Idoia Cuesta e Granja Campomayor explicarán de que maneira están a aproveitar as especificidades do rural como vantaxes para a innovación e a competitividade. Pola súa banda, Veigas de Sabugueiro e Calor Color expoñerán tamén os seus proxectos de aplicación do deseño á economía circular e creativa.
A visión empresarial completarase co relatorio de Carlota Corzo, confundadora de Lázzaro, sobre a transparencia, a seguridade e a rastrexabilidade (trazabilidade) a través do deseño dixital.
As persoas que asistan presencialmente terán ocasión de visitar o stand que a Axencia Galega de Innovación presentou no festival Imperdibles da Fundación Cotec, celebrado en Segovia, no que se amosa unha selección de materiais creados na contorna rural galega.
Serán expostas as propostas textís de RIR & Co, Io Morales e Tsubaki Diseño; os xardíns verticais e os materiais de construción a base de pedra reciclada de NorPromenade e Mámoa Deseños Vivos; os xabóns artesanais e as esponxas naturais de Mar de Miranda e Ibérica de Esponjas Vegetales; e os utensilios de cociña, as vigas de madeira sostibles e os materiais obtidos de residuos da industria forestal creados por Atalanta Madera, Timbersoul by Cándido Hermida e Betanzos HB.
Asemade, poderase apreciar a cestería e o mobiliario urbano feito a partir de residuos de Idoia Cuesta e Cholita; os zocos e os parches para instrumentos musicais de Eferro e Landra Típica; e os abonos ecolóxicos a partir de cuncha de mexillón e as mallas compostables de Ecocelta e Ecoplas Barbanza.
A cita está aberta á inscrición para profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto), estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sustenbatilidade nas súas organizacións.
A inscrición tanto para asistir de forma presencial como para seguir o evento en streaming pode formalizarse dende a Rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?