Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pont-Up Store 2022 contará con 40 empresas, unha trintena de actividades e un escape room
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pont-Up Store 2022 contará con 40 empresas, unha trintena de actividades e un escape room

S. P.
Publicado: 12/09/2022
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

pont_up_store_presentacion-2.jpgO Campus Crea de Pontevedra (UVigo) presentou este luns 12 de setembro o programa da nova edición do evento de emprendemento innovador Pont-Up Store: unha convocatoria de recuperación postCOVID centrada en axudar ás novas empresas galegas a desenvolver competencias que lles permitan madurar os seus emprendementos e iniciar o camiño da internacionalización. O encontro arrancará en Pontevedra este mes de setembro dentro con actividades previas en distintos espazos da cidade e abrirá a carpa da praza de España o venres 23 e sábado 24 con preto de 40 modelos de negocio que “destacan pola innovación, a creatividade e a sustentabilidade”, en palabras do Campus Crea.
Na presentación participaron Yoya Blanco Rial, concelleira de Promoción Económica e Igualdade do Concello de Pontevedra; Eva Lantarón Caeiro, vicerreitora do Campus de Pontevedra da UVigo; Carlos López Font, deputado de Economía da Deputación de Pontevedra; e Pedro Figueroa Dorrego, director do Pont-Up Store.
O evento, destacaron, ofrecerá este ano máis de 30 actividades relacionadas co ecosistema emprendedor, e máis da metade serán sesións destinadas a adquirir ou mellorar competencias básicas ou específicas. Entre as competencias básicas, haberá sesións dedicadas ás posibilidades de financiamento na pequena empresa; ás axudas e subvencións; e á aceleración, dixitalización e neuromarketing para pequenas e medianas empresas.
Con respecto ás competencias específicas, destacan as relativas ás empresas de economía social e dos emprendementos sustentables.
En total, vanse presentar 39 startups galegas; 35 serán empresas con stand, das que catro desenvolverán actividades demostrativas na carpa e outras 4 participarán tamén na feira de talento Pont-Up Exprés, onde un total de 7 iniciativas empresariais presentarán as súas ideas de negocio ante un xurado composto por 4 representantes de importantes entidades e empresas galegas.

As creadoras do Skeirrum
As creadoras do Skeirrum
Dentro das actividades programadas arredor do desenvolvemento de competencias emprendedoras, destaca nesta edición a proposta de Skeirrum, “o primeiro escape room cultural ao aire libre de Galicia”, en palabras do equipo organizador, que salientou que vai consisten nunha experiencia especialmente deseñada para a cidade de Pontevedra. Máis polo miúdo, Skeirrum é idea de dúas mozas guardesas, Cintia Lomba e Erea Rodriguez, que lograron visualizar o seu proxecto como un dos máis valorados en dous importantes certames: o VIII Encontro Internacional de Mozos Emprendedores 2022 e a Revolta Rural, e que agora se vai presentar dentro do Pont-Up Store. Neste caso, a experiencia está dirixida a fomentar a cultura do emprendemento a través do coñecemento do patrimonio cultural e histórico da cidade de Pontevedra. Consiste en que unha persoa que decide emprender debe ser capaz de superar todos os retos que van xurdindo e adaptarse a un mundo en constante cambio para lograr éxito ao longo do seu camiño emprendedor. A experiencia propón a resolución de diferentes probas e enigmas que ofrecen a oportunidade de “simular” como é o día a día dunha persoa emprendedora. O xogo artéllase nun percorrido interactivo a través dos puntos máis emblemáticos da cidade, onde estarán escondidos uns códigos QR que as persoas participantes terán que atopar para acceder a través deles á unha aplicación web. Ao acceder a esta ferramenta atoparán diferentes enigmas e probas contextualizadas coa historia da cidade que terán que resolver para poder continuar.
Skeirrum Pontevedra ten como obxectivo fomentar o coñecemento da contorna pontevedresa “dunha maneira singular e innovadora”, ao tempo que se realiza actividade física e se desenvolven capacidades como a escoita activa, a comunicación asertiva ou a orientación.
A participación é gratuíta e só require un teléfono móbil e “altas dose de imaxinación para resolver os enigmas e descubrir os segredos da cidade”, explicaron, engadindo que os grupos serán de entre 2 ata 6 persoas, que terán que rexistrarse en liña na web de Pont-Up. Esta actividade está desenvolvida e financiada desde a dirección do Pont-Up Store e conta co apoio de Abanca, Gadis e o proxecto europeo HEI4Future, no que participa a UVigo.
pont_up_store_2022-2.jpg Emprender o camiño da internacionalización
O encontro ofrecerá tamén a oportunidade de facer un primeiro achegamento ás posibilidades de internacionalización ao alcance dos novos emprendementos galegos. Serán un total de 4 sesións: unha dedicada a orientar a emprendedoras e emprendedoras sobre os primeiros pasos necesarios para a internacionalización, outra dedicada a presentar o proxecto europeo HEI4Future, do European Institute of Innovation & Technology, e outras dúas inseridas dentro do programa Ticket2Europe, que está xestionado desde a Cámara de Comercio de Santiago e que serán impartidas en inglés: Starting Up! dirixido a alumnado da Escola Valle Inclán que están a participar no programa Erasmus+; e International Opportunities for entrepreneurs que presentará as experiencias de varios emprendementos que están participando en programas internacionais.
Un Erasmus para as persoas que emprenden
Na sesión Oportunidades internacionais para o emprendemento, a técnico da Cámara de Comercio de Santiago, Belén Mendoza, presentará o programa europeo Erasmus para Emprendedores. Este programa é unha iniciativa da UE que promove a actividade emprendedora mediante a aprendizaxe e a transferencia de coñecementos a través do intercambio transnacional de mozas e mozos emprendedores e tamén pemes. O programa creouse no ano 2009 e financiou xa máis de dez mil intercambios. A Cámara de Comercio de Santiago está a cargo da súa xestión ata o ano 2027, e será a responsable.
Un programa que abrangue moitos máis ámbitos
Ademais están previstas tamén actividades demostrativas na carpa impartidas por algunhas das empresas seleccionadas e case sempre en formato obradoiro. Tamén se desenvolverán como en edicións anteriores os obradoiros de R enfocados a espertar a vocación emprendedora en contornas tecnolóxicas a idades temperás. Dentro do ámbito do emprendemento social, poderemos coñecer de primeira man o labor que desenvolve a asociación solidaria Publicitarios Implicados, nada para dar un servizo completo de comunicación publicitaria a micro-ONGs, plataformas de afectados ou colectivos solidarios, que non poden asumir os custes dunha axencia de publicidade. En canto ás accións de susentabilidade, a firma AirCO2, seleccionada para ocupar un dos stands da carpa, vai medir a pegada ecolóxica do encontro; e en colaboración co Concello, levarase a cabo unha plantación de árbores.
Entidades organizadoras
O Pont-Up Store é unha iniciativa da UVigo e o Grupo G4 Plus, liderada polo Campus CREA de Pontevedra, e conta co apoio da Concellaría de Promoción Económica do Concello como patrocinador principal, e tamén co respaldo da Deputación de Pontevedra, Abanca, Zona Franca e R, entre as máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento pontevedrés e galego.
Nos labores de organización e coordinación, o encontro conta tamén coa participación da Asociación para o Emprendemento e Innovación Pont-Up Store.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?