O vindeiro luns ás 17:00 desenvolverase unha nova edición de SINFILTRO, iniciativa de Marcelo Castelo, que nesta ocasión analizará os resultados do primeiro estudo exploratorio sobre o estado emocional dos profesionais TIC de España. Para iso, o programa que poderase seguir en liña a través de YouTube, onde veremos unha mesa redonda moderada por Castelo na que participarán os presidentes dos colexios de Enxeñaría en Informática de Cataluña, Valencia e Galicia, Eduard Martín Lineros, Alejandro Blasco Iborra e Fernando Suárez Lorenzo.
Podemos atopar máis información sobre a sesión no seu evento en LinkedIn.
Vídeo da nova entrega de SINFILTRO
