Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova aceleradora autonómica de artes escénicas impulsa nove proxectos de transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova aceleradora autonómica de artes escénicas impulsa nove proxectos de transformación dixital

S. P.
Publicado: 27/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aceleradora_231025_escenicas_002x.jpgO director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, mantivo unha xuntanza coas nove entidades beneficiarias da nova convocatoria de axudas para a aceleración cultural no ámbito das artes escénicas, encamiñadas a mellorar a súa xestión en apartados como o da dixitalización, a internacionalización, a profesionalización empresarial ou a diversificación financeira, entre outras.
Polo tanto, o fío condutor da xuntanza foron as subvencións (PDF) que vén de facer públicas a Consellería de Cultura e Educación a través das que distribúe máis de 280.000 euros entre diferentes propostas no ámbito do teatro, a danza, o novo circo e a maxia.
En concreto, estas entidades contarán con contías que van desde os 10.600 aos 42.000 euros para o seu investimento en catro apartados diferenciados: acompañamento ás empresas, formación, mediación, incubación ou mentoring en materia de comunicación, mercadotecnia, internacionalización ou financiamento; participación en xornadas, obradoiros e seminarios; apertura de novas liñas de negocio e/ou novos mercados, e transformación dixital.
Entre os proxectos beneficiarios atópanse os presentados polos espazos A Casa Vella, en Allariz, que buscará ampliar os seus usos ademais de traballar na apertura e consolidación de diferentes vías de financiamento, e Sala Ártika de Vigo, para poñer en marcha novas ferramentas de mercadotecnia dixital e captación de públicos.
Tamén se apoian iniciativas das produtoras teatrais Ainé, para o desenvolvemento dun software de xestión integral das súas producións propias; Sarabela Teatro, para a creación de contidos dixitais complementarios aos espectáculos, e a nova compañía O Sol de Outono, para a mellora da dixitalización e a apertura de novos mercados e liñas de negocio.
A danza conta tamén con representación nesta aceleradora a través de Kirenia Danza, que presenta un plan estratéxico cara á súa transformación empresarial, a internacionalización a diferentes países de Europa e Latinoamérica ou a súa formación especializada, e de Sabela Mendoza, coordinadora da plataforma de danza performativa De Corpos Presentes, para a súa apertura a diferentes países de Europa e Asia, así como para a transformación dixital e mellora da xestión empresarial.
Pistacatro, recente Premio da Cultura Galega en artes escénicas, tamén forma parte desta listaxe cun programa de apoio á profesionalización do sector circense, mentres que Ilusions Work resultou adxudicataria co proxecto Magic Reality Lab, centrado na aplicación das novas tecnoloxías nos espectáculos de maxia.
A Axencia Galega das Industrias Culturais xestiona este novo programa con financiamento dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Entronca, neste sentido, coa aceleradora musical Sonemerxente, que a Xunta está a desenvolver coa Fundación Paideia como entidade colaboradora e que se atopa a piques de iniciar a súa segunda edición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?