Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolle en novembro o 5º Congreso Internacional de CIOs
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acolle en novembro o 5º Congreso Internacional de CIOs

S. P.
Publicado: 30/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cios_revolution_apd_santiago.jpgO Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia vai acoller a semana vindeira, os días 7 e 8 de novembro de 2023, a quinta edición do Congreso Internacional de CIOs, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e co apoio de empresas tecnolóxicas galegas como é o caso de Altia. O evento, que porá o foco nas claves para entender o impacto da revolución tecnolóxica no noso negocio, analizando, en detalle, o impacto das novas contornas que xa debuxan a IA (Intelixencia Artificial), a tecnoloxía de Cadea de Bloques (Blockchain) ou a Computación Cuántica. Amais, explican dende a organización, o programa deterase “nas revolucións que veñen da man; e que impactan en esferas que nada teñen que ver con algoritmos ou sensores”.
O papel dun CIO
O CIO, polas súas siglas, Chief Information Officer, é o profesional responsable dos sistemas de Tecnoloxías da Información (TI) da empresa a nivel de procesos e dende o punto de vista da planificación. Así explica APD a relevancia deste posto: “No actual contexto o papel do CIO cobra unha nova dimensión. A alianza da tecnoloxía coa dirección e a estratexia da compañía resulta crítica non só para aspirar o liderado senón para asegurar a supervivencia. Pero para iso, CEO e CIO deben falar nunha linguaxe común que permita despregar decisións dunha complexidade crecente”.
Para APD, a velocidade do cambio é tal, “que aquelas compañías que non situasen as megatendencias tecnolóxicas no centro do seu modelo de negocio corren o risco de colapsar, e non tanto polo efecto estético que supón presentarse ao mercado como unha compañía innovadora, senón polo risco de non poder acceder ao tsunami que está por vir”. E engade a asociación: “É momento de anticiparse e afrontar con máis garantías as revolucións que veñen”.
No congreso participarán (entre outros) Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, Alfonso Rueda, presidente da Xunta, Francisco Botas Ratera, presidente da Zona Noroeste de APD, Xavier Marcet i Gisbert, presidente de Lead To Change, Gorka Sainz, director de enxeñaría de sistemas de Fortinet, Almudena de la Mata, membro da xunta directiva de Alastria, Fernando Vallejo, director de IT, Innovación e Sustentabilidade de Globalvia, e Juan Salom Clotet, coronel xefe da Unidade de Coordinación da Ciberseguridade da Garda Civil. O congreso será conducido pola xornalista Olalla Pena.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?