Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra R celebrará os seus 5 anos entregando novamente os seus premios en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra R celebrará os seus 5 anos entregando novamente os seus premios en ciberseguridade

S. P.
Publicado: 31/10/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

catedra_r__imaxe_web_portada.jpgA Cátedra R en Ciberseguridade -primeira cátedra interuniversitaria galega- colabora un ano máis co encontro CIBER.gal, o foro da Xunta de Galicia a prol da seguridade dixital, que celebra a súa terceira edición no edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os días 2 e 3 de novembro.
Impulsada polo operador galego e as universidades da Coruña e Vigo, a Cátedra R en Ciberseguridade ratifica con esta e outras actividades a súa aposta pola colaboración público privada para “avanzar e facer fronte ás inxentes ameazas e perigos que nos atenazan en contornas dixitais a particulares e empresas”.
Galardóns 2023 da Cátedra R en Ciberseguridade
En paralelo a estes cinco anos de actividade que a Cátedra R fai en decembro, o vindeiro venres 3 entregaranse os V Premios Cátedra R en Ciberseguridade UVIGO-UDC na Cidade da Cultura de Santiago. Segundo explican fontes da operadora galega, no marco do devandito foro CIBER.gal da Administración autonómica volverase pór o foco “na necesidade de formar e concienciar a cidadanía e empresas sobre a importancia de protexernos nas contornas dixitais onde convivimos de maneira ineludible na actualidade”.
Ademais de impulsar actividades para crear espazos de debate e difusión das actividades docente e investigadora no ámbito da ciberserguridade, a Cátedra R organiza os devanditos premios aos mellores traballos académicos e de investigación nesta área estratéxica dos nosos días. Coa entrega destes recoñecementos porase este ano o colofón ao foro CIBER.gal, tras dúas xornadas de debates, charlas e concursos ao fío dos riscos, perigos, desafíos e oportunidades que se nos expoñen e aos que debemos enfrontarnos no contexto actual.
As distincións outorgaranse aos traballos académicos a nivel de Grao e Máster:
-2 premios de Traballo Fin de Grao: 400 € cada un.
-4 premios de Traballo Fin de Máster: 600 € cada un.
Incentivando investigación e talento: un lustro pola viberseguridade
cibergal_2023_-_pantalla_general_1200_x_400_px.jpg R define a media década de actividade da Cátedra como “cinco anos de traballo intenso e numerosas actividades que sitúan a Cátedra como referente galego para a divulgación da ciberseguridade e o fomento das profesións relacionadas con este eido ao compás das necesidades do mundo dixital, que cada vez o demanda con máis urxencia. Un lustro que pon de manifesto tamén a capacidade de articular un proxecto de calado social conectando o público e o privado, o sector académico das Universidades da Coruña e Vigo e a parte de empresa que pon R; ambos os sectores camiñando xuntos cara a unha meta, aliñando os obxectivos de investigar, divulgar e fomentar talento nesta área”.
De feito, a Cátedra R puxo en marcha o primeiro evento de referencia sobre Ciberseguridade en Galicia, coas súas dúas edicións de Cybesec@gal, en 2018 e 2019, foro do que tomaría a remuda en 2020 CIBER.gal, o nodo da Xunta de Galicia a favor da seguridade dixital.
E, ademais das cinco edicións dos Premios Cátedra R en Ciberseguridade, neste tempo articuláronse tamén máis dunha decena de patrocinios, entre os que destacan este ano os das VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade (JNIC) e o do equipo galego nas II Olimpíadas
Nacionais de Telecomunicacións, entre outros.
Xunto a iso, a Cátedra R organizou paneis de debate diversos e velou polo fomento do talento novo no ámbito universitario, e das profesións STEM como caldo de cultivo imprescindible para seguir avanzando no terreo da Ciberseguridade a todos os niveis.
Tamén participou en concursos como o Capture The Flag, organizado polo CITIC; e, ante o éxito da iniciativa, a Cátedra R traballa xa cara a 2024 co citado centro tecnolóxico da Universidade da Coruña e con AtlanTTic da Universidade de Vigo, nun encontro que se enfoca no terreo do talento en Ccberseguridade. Dirixirase a graduados/as en informática e Telecomunicacións de ambas as Universidades e a estudantes do ciclo superior en Ciberseguridade e Sistemas.
Ciberseguridade: necesidade das pemes, prioridade de R
A seguridade dos sistemas e a protección dos datos converteuse en prioridade para as compañías galegas, tamén pequenas e medianas, cada vez máis conscientes de que un ciberataque pode supor igualmente para elas grandes perdas de información, de recursos e mesmo de reputación; por iso, segundo explica a operadora R, “é esencial dispor dun acceso a Internet con solucións de ciberseguridade avanzada que farán máis seguros os dispositivos e a información sensible e fundamental do negocio”. Neste senso, R recoñece ter traballando arreo dende a súa área de empresas para responder ao devandito mediante solucións específicas en cada caso; “e non só en grandes corporacións senón tamén nas pemes do territorio”. Desta forma, a operadora galega pon a disposición de máis de 7.000 empresas galegas pequenas e medianas servizos de ciberseguridade, con accesos a Internet dotados de solucións avanzadas capaces de asegurar esa información crítica da empresa, como o soporte dun experto dixital e medidas para protexer a rede, a tecnoloxía e os datos do cliente empresarial fronte a ataques de virus e malware.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?