Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo Colexiata de Sar, en Santiago, estrea logotipo e páxina web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo Colexiata de Sar, en Santiago, estrea logotipo e páxina web

S. P.
Publicado: 31/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

museo_sar_nova_web_santiago_colexiada.jpgA Fundación Catedral de Santiago e o Arcebispado de Santiago presentaron parte dos froitos resultantes de meses de traballo desenvolvendo o novo plan museolóxico e museográfico para a Colexiata de Sar, dirixido a “renovar e dinamizar este espazo histórico de grande interese no ámbito da cidade de Santiago de Compostela”. Como parte de este proxecto, creouse unha imaxe corporativa, unha páxina web e un libro-guía, traballos que foron realizados ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia destinadas á Centros Museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
En primeiro lugar, deseñouse unha identidade corporativa, que servirá de “elemento indicativo e visible”. Este logotipo foi elaborado pola deseñadora compostelá Laura Fernández, a partir das letras que conforman a inscrición que se pode ler no sepulcro do Arcebispo Bernardo II, do século XIII, que se conserva na igrexa de Sar.
Ao mesmo tempo, elaborouse unha páxina web na que se concentran as diferentes informacións relacionadas con este espazo patrimonial. No sitio, ademais de información práctica sobre horarios e tarifas, pódese consultar e ampliar datos sobre a arte e a historia da igrexa e do seu claustro, realizar un percorrido polas pezas máis destacadas do seu museo e ter acceso a recursos educativos, destinados ás visitas escolares. A web pódese consultar no enderezo www.musar.gal.
Ademais, editouse unha nova e ampla guía de visita do conxunto de Santa María de Sar. Trátase dunha publicación realizada a modo de guía de visita que percorre toda a historia do espazo. Tamén inclúe unha descrición artística de cada un dos espazos que conforman o conxunto monumental, formado pola igrexa, o claustro e o museo.
Esta publicación, escrita pola historiador da arte Victoriano Nodar, permite profundar nos dous campos de estudo, o da historia da Colexiata de Santa María de Sar e a evolución artística tanto da igrexa como do claustro e as estancias que o rodean. A publicación estará dispoñible no propio Museo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?