Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae e o CPEIG achegan en novembro un evento gratuíto sobre como formar os mellores equipos profesionais TI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae e o CPEIG achegan en novembro un evento gratuíto sobre como formar os mellores equipos profesionais TI

S. P.
Publicado: 02/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

perfis_ti_vitae_cpeig.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Vitae Consultores organizan este mes de novembro un evento formativo de balde: un curso intensivo sobre Avaliación, Sección, Captación e Retención de Perfís TI. Trátase, en palabras das entidades organizadoras, “dunha oportunidade para acadarmos unha visión clara dos Recursos Humanos e da psicoloxía do traballo”. A cita será o vindeiro xoves 23 de novembro, en horario de 18.00 a 20.00 horas. Será no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.
Quen precise máis información sobre o evento ou formalizar as inscricións pode facelo a través da conta informacion@cpeig.gal. Os contidos serán impartidos por Marcos Carbonell, socio director da consultora tecnolóxica galega Vitae.
Segundo informan as entidades organizadoras poñéndonos en situación sobre a temática do curso, “nin o modelo económico capitalista, nin o comunista, nin o socialista e nin o liberal conseguiron o que conseguiron os e as profesionais informáticos: teletraballo, flexibilidade horaria, semanas laborais de 4 días, autonomía, autorganización, altos salarios, capacidade de elección de empresas e proxectos adaptados aos diferentes perfís e intereses, formación, beneficios sociais, etc…”. Sobre esta base temática, o evento exporá as claves para seguir garantindo e mellorando estes logros, un proceso que pasa de xeito inevitable por acadar os máis óptimos equipos. Estas claves axudarannos a seleccionar e captar aos máis indicados profesionais para a nosa empresa, e amosarán como retelos, motivalos e avalialos dende dous puntos de vista: o científico (que nos proporciona a psicoloxía do traballo) e o punto de vista dos Recursos Humanos (RRHH), é dicir, do día a día, “pois con só cun punto de vista non se poderán conseguir resultados fiables nin perdurables no tempo”, informan Vitae e o CPEIG.
A actividade formativa virá da man de Marcos Carbonell, profesional con máis de tres décadas de experiencia nos sectores do deporte, as novas tecnoloxías e os recursos humanos. Carbonell é diplomado en Empresariais, máster en Recursos Humanos e posgrao en Marketing e en Organización de Empresas. Dende 2006 é socio director de Vitae Consultores e tense responsabilizado, directa ou indirectamente, de máis de 1.000 procesos de selección cunha taxa de máis dun 90% de éxito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?