Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG profundará sobre o impacto da IA na creación cultural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG profundará sobre o impacto da IA na creación cultural

S. P.
Publicado: 02/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20231102_rosarioalvarez-marcelinofernandez_parlamentodegalicia.jpgA presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, compareceu na tarde deste xoves 2 de novembro na Comisión Terceira de Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia. Álvarez explicou as liñas xerais de actuación desenvolvidas e avanzou a programación de 2024. A relación entre cultura, patrimonio e turismo; a Intelixencia Artificial aplicada á creación; a memoria da transición; a proxección exterior, e a internacionalización da cultura galega son áreas destacadas para o vindeiro ano. O orzamento da institución para o próximo ano é de 3.206.556 euros, 130.780 euros máis que en 2022. Os representantes dos tres grupos parlamentarios expresaron o seu recoñecemento ao labor da institución.
Segundo dixo con máis detalle, a análise do impacto da Intelixencia Artificial na creación cultural será un dos asuntos aos que atenderá en 2024. Insírese no marco da liña titulada Novos formatos e novos mercados da cultura, na que prestará atención á revolución dixital na creación, formatos, difusión, acceso, desfrute e conservación.
Outra das liñas de acción denomínase Enerxías renovables, sostibilidade e patrimonio cultural e afondará no modelo de explotación do territorio e na súa relación co patrimonio cultural. Nese ámbito estase a traballar nun informe sobre a relación entre cultura, patrimonio e turismo, así como a xestión do concepto de patrimonio.
20231102_rosarioalvarez-marcelinofernandez_parlamentodegalicia2.jpgOutra das liñas é Memoria da Transición, baixo a que se analizarán os discursos políticos, as mobilizacións sociais, a conquista do autogoberno e a loita pola lingua e a cultura desta época. Entre as prioridades para o vindeiro ano está tamén a liña Unha cultura con identidade sen fronteiras, paraugas desde o cal se reforzarán a proxección exterior e a internacionalización da cultura galega; a cultura da emigración, e o diálogo con outras culturas europeas.
Ademais, seguindo fiel á liña de traballo habitual da institución, para 2024 están programados unha serie de informes encamiñados a avaliar o sistema cultural. O Barómetro da Cultura Galega e as Conxunturas realizadas polo Observatorio da Cultura Galega complementarán os informes de impacto ambiental, os preceptivos para os Bens de Interese Cultural (BIC) e outros que elabora de xeito periódico a institución. Tamén se continuará prestando atención á conservación e valoración de todo tipo de patrimonio (material e inmaterial), así como ao fomento da cultura científica, tecnolóxica e ambiental.
Respecto da actividade de 2023 (que coincidiu co 40º aniversario da institución), foron moi destacables (entre outros) eventos e programas como a conmemoración do centenario do Seminario de Estudos Galegos (cun congreso, unha andaina e unha xornada de análise e comparación con outros centros coetáneos con características similares); a mostra internacional Afonso X e Galicia (que chegou São Paulo, onde estivo acompañada dun completo programa de actividades e desde onde se trasladará a Río de Xaneiro, a partir do 8 de novembro); a presentación do proxecto Seara. Discover Galician literature through its texts / Descubre a cultura galega a través dos seus textos, que ofrece traducións de textos literarios ao inglés; a proposta Crossing borders. A música TRAD galega atravesando fronteiras, un proxecto audiovisual encamiñado a visibilizar, para o público estranxeiro, o bo momento que está a vivir a música de raíz no país a través do testemuño dos seus artífices.
Ademais, o mes de setembro a presidenta, Rosario Álvarez, depositou o legado material e simbólico de Rosalía de Castro na Caixa das Letras que mantén o Instituto Cervantes.
Por outra banda, o Observatorio da Cultura Galega analizou a situación do sector audiovisual (a publicar a vindeira semana), e elaborou unha conxuntura, un barómetro e o informe Corenta anos de cultura galega en estatísticas, entre outros. Achegáronse outros informes destacados como O valor económico do galego ou o Informe sobre o impacto dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido no patrimonio natural e cultural de Galicia, que analiza o impacto das plantacións forestais con especies de crecemento rápido, especialmente o eucalipto, no patrimonio cultural galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?