Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME pon o foco na ciberseguridade, no SEO e na comercialización en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME pon o foco na ciberseguridade, no SEO e na comercialización en liña

S. P.
Publicado: 06/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana, a comprendida entre o 6 e o 10 de novembro, catro novas accións formativas telemáticas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Trátanse de obradoiros de ciberseguridade, posicionamento SEO, comercialización en liña, chat GPT e Stable Diffusion.
As accións formativas inícianse este luns, 6 de novembro, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, copias de seguridade. Trátase dun obradoiro para dar a coñecer a importancia de ter os datos apoiados nunha copia de seguridade fronte a calquera tipo de incidencia. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.
O martes 7, de 17:00 a 18:00 horas, será a quenda do obradoiro SEO para redes sociais, onde Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e con experiencia en comunicación e mercadotecnia dixital, explicará a importancia das redes sociais para o posicionamento nos resultados de busca de Google.
O mércores 8, entre as 11:00 e as 12:00 horas, impartirase o obradoiro Comercialización en liña de experiencias gastronómicas. O obxectivo deste taller é dar a coñecer e dominar as múltiples canles que ofrece internet para comercializar experiencias gastronómicas para permanecer na mente dos consumidores fronte á competencia. Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas, será a encargada de impartir este obradoiro.
Finalmente o xoves 9, ás 12:00, desenvolverase a acción formativa ChatGPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento VI, onde continúa o itinerario dedicado aos modelos de Intelixencia Artificial, que neste sexto taller abordará as novas IA que veñen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?