Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os novos renovadores do rural galego toman a palabra na III Terra Creative Jam, no Campus de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os novos renovadores do rural galego toman a palabra na III Terra Creative Jam, no Campus de Lugo

S. P.
Publicado: 06/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

terra_creativa_jam_usc.jpgO Campus Terra da USC e a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) organizan xunto coa incubadora Lug Open Factory a III Terra Creative Jam os días 18 e 19 de novembro na residencia universitaria Jesús Bal y Gay da sede universitaria luguesa. Será a terceira edición dun evento creativo e de xeración de ideas innovadoras orientado a reinventar o medio rural. A inscrición nesta actividade é gratuíta e pódese formalizar en liña.
Segundo explican fontes da USC, a quedada III Terra Creative Jam antóllase como unha convocatoria axeitada para que estudantes e titulados da sede universitaria luguesa e tamén dos campus de Compostela poidan participar en diversos obradoiros nos que deberán resolver desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos, ao tempo que acheguen novas solucións para “reinventar o rural”.
cartaz_terra_creative_jam_usc_2023.jpg O programa do Terra Creative Jam permitirá abordar varias temáticas, tales como a economía verde, produción eficiente e sustentable; educación inclusiva e de igualdade; emprendemento dixital e uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) no rural; industrias creativas e sector audiovisual; alimentación e vida saudable e a busca do benestar animal e mellora dos ecosistemas. As ideas, produtos e servizos que se desenvolvan deberán estar ligados ás temáticas propostas.
As persoas participantes, xa de xeito individual xa en equipo, poderán gozar dunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos respectuosos co medio ambiente, formación con workshops específicos, prototipos con maquinas 3D, gamificación, drons, Realidade Virtual e podcast e actividades deportivas con caiac no río e escalada no rocódromo. A segunda xornada consistirá nun Hackaton, no marco do que, as persoas participantes, agrupadas por equipos traballarán no seu prototipo para crear a súa solución e expoñela diante do xurado.
O tres mellores prototipos de proxecto terán unha praza para todo equipo na residencia formativa Lof Talent e no programa de emprendemento EXPLORER USC. Ademais cada un dos membros do equipo gañador, recibirá varios premios como cámaras tipo GoPro, impresoras 3D-mini e tabletas, entre outros.
A asistencia a esta actividade é totalmente gratuíta para todas as persoas interesadas. O prazo de inscrición permanece aberto en liña ata as 14.00 horas do 17 de novembro. As prazas son limitadas e a organización facilitará ás persoas asistentes transporte, aloxamento e mantenza durante os dous días que dura a Terra Creative Jam. Pódese obter máis información a través do enderezo de correo electrónico benvida@lugofactory.com ou no número de teléfono móbil 620 789 835.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?