Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Feiraco abre unha tenda en liña para conseguir a súa prezada camisola
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Feiraco abre unha tenda en liña para conseguir a súa prezada camisola

S. P.
Publicado: 13/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

feiraco_1_camisetas.jpgAnunciaba hoxe, luns (13 de novembro), a empresa láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, a maior cooperativa leiteira de Galicia, con sede no concello coruñés de Ames, que a súa campaña Todo se decide no campo, iniciada hai unhas semanas cunha camisola moi popular e demandada como protagonista facendo que se promovan varias iniciativas para aumentar a posibilidade de facerse cunha.
“Recibimos miles de solicitudes a través de todas as canles posibles: redes sociais, por teléfono, correo electrónico, de clientes, provedores… Algunha do máis inusual como un rapaz que, sendo un fiel seareiro do Deportivo, escribíanos para pedir unha camiseta, amosándonos unha fotografía da súa tatuaxe co logotipo de Feiraco. Mesmo nos chegaron peticións desde organizacións financeiras e de camisetas tamaño bebé. Este fervor levounos a realizar unha nova produción de camisetas e a pór en marcha varias iniciativas para que todos os que o desexen poidan conseguila. Ao longo deste mes abriremos unha tenda en liña” -informan desde a láctea-.
“O éxito da camiseta foi tal que ata Gadis se puxo en contacto con nós para conseguir algunha para sortear” -salientan-. Así, en colaboración con Gadis, realizarase un sorteo en Instagram e Facebook que estará activo do 13 ao 19 de novembro. Accedendo tanto aos perfís de Feiraco como aos de Gadis, poderase participar nun sorteo de cinco lotes de produtos Feiraco, nos que se inclúe unha camiseta de Todo se decide no campo, unha caixa de leite, un bolso de lona e un estoxo.
Asemade, sortearanse 300 camisetas como as que levan os gandeiros e gandeiras do anuncio entre todas as persoas que merquen unha caixa de seis litros de leite Feiraco. Deberán cubrir un formulario que atoparán na páxina web da firma láctea, nas súas redes sociais e tamén a través dos códigos QR dalgúns supermercados. O sorteo estará activo ata o 4 de decembro.
Este fenómeno repítese dun xeito moi semellante ao que aconteceu despois da aparición do actor galego Martiño Rivas coa camiseta verde do Deportivo da Coruña no programa El Hormiguero de Antena 3, o que desencadeou unha auténtica avalancha de peticións.
A xeito de curiosidade dicir que nas tendas de segunda man as ditas prendas encarecéronse, chegando a superar os 200 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?