Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Coruña Estudio Inmersivo da Deputación vén cun orzamento de 8,5 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Coruña Estudio Inmersivo da Deputación vén cun orzamento de 8,5 millóns de euros

S. P.
Publicado: 13/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_orzamentos_2024_-_1.jpgA Deputación da Coruña presentou esta mañá os detalles do seu orzamento 2024, que será de 222.151.200 euros, o máis alto da historia da institución e un 7,2 % superior ao do actual exercicio. Así o fixeron saber o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso; o vicepresidente Xosé Regueira, e o deputado de Facenda, José Ramón Rioboo, na rolda de prensa de presentación das contas da institución provincial para o vindeiro ano. Formoso dixo que este orzamento é “a folla de ruta que define as políticas do goberno provincial para o vindeiro ano e que 2024”, que “terá como principais prioridades a creación de emprego, o benestar social e o desenvolvemento do rural”.
Formoso destacou “a gran importancia de programas coma o Plan Único de Obras e Servizos (POS+) ou o Plan de Emprego Local (PEL), que “nos últimos anos foron fundamentais para a creación de emprego, infraestruturas e oportunidades, en particular nos pequenos municipios da provincia”.
Precisamente o PEL incrementa o seu orzamento en 2024 ata os 16 millóns de euros (un 24,1% máis). Facendo un algo de balance, o presidente provincial dixo que desde a súa creación “o PEL financiou a creación de 6.119 empregos nos sectores público e privado, apoiou a 2.553 empresas e 1.842 autónomos e concedeu 4.485 axudas directas aos sectores máis afectados pola crise (hostelería, agro, mar, transporte…)”.
Este incremento no orzamento, comentou, “permitirá reforzar programas de contratación de persoal en empresas e concellos e apoio ao emprendemento”, pero ademais, Formoso anunciou que “2024 será un ano de aposta pola industria”, en concreto por sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, a economía circular ou o sector audiovisual, coa construción de Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior estudo audiovisual virtual de España, que estará emprazado na Cidade das TIC (antiga Fábrica de Armas da Coruña). “O CEI”, dixo, “supón un investimento de 8,5 millóns de euros, co-financiado con fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España no marco do proxecto España, Hub audiovisual de Europa”. A Deputación adxudicou o pasado agosto a Telefónica o desenvolvemento da tecnoloxía por 6,1 millóns de euros e vén de licitar a construción do edificio que albergará o CEI por 2,5 millóns de euros”, indicou o presidente
En 2024, a Deputación destina ademais 900.000 € para seguir desenvolvendo a Rede Provincial de Espazos de Coworking, que conta con 11 centros na provincia e permitiu xa a 200 emprendedores e emprendedoras pór en marcha os seus proxectos empresariais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?