Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Remata o cuarto certame Galetiktokers con 51 pezas audiovisuais presentadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Remata o cuarto certame Galetiktokers con 51 pezas audiovisuais presentadas

S. P.
Publicado: 13/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galetiktokers_22.jpgEste venres 10 de novembro chegou ao seu remate a cuarta edición do certame Galetiktokers, impulsado polo Concello de Ames. As persoas premiadas déronse a coñecer nunha gala celebrada na Casa da Cultura de Bertamiráns, que estivo presentado e dirixido polas/os creadoras/es de contido en galego, @Pradorua e @Gabiig8, e amenizado por Onda Dagda, grupo musical amesán de rock composto por mozos e mozas que ensaian na Factoría. San Froilán, Cociñeiras festeiras, Facendo un estoque dende cero, O retrato de Dorian Gray, Oscar Wilde, O galego non é de vellos e Prepo Rap foron os vídeos gañadores.
Ao acto asistiron o alcalde de Ames e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, e maila concelleira de Mocidade, Carmen Porto. En total repartíronse 1.800 euros en premios.
galetiktokers_15.jpg Esta iniciativa pretende “estimular e fomentar a creación de vídeos en galego con novos formatos” e, á vez, “servir de oportunidade para darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers”.
Entre as 51 pezas audiovisuais, presentadas por máis de 120 mozos/as participantes de Ames e doutras localidades de Galicia, repartiranse seis premios de 300€, que suman un total de 1.800 euros. Na primeira categoría (mozas e mozos de 13 a 16 anos) presentáronse 27 vídeos, e na segunda categoría (mozas e mozos a partir de 17 anos) houbo 22 vídeos admitidos.
O xurado estivo composto por María Rúa Rodríguez, creadora de contido en galego (@Pradorua); Noelia Francisco Lens, especialista en comunicación audiovisual; e Gabriel García Calvo, creador de contido en galego (@Gabiig8). Actuou como secretaria do xurado a técnica do departamento municipal de Xuventude, Pilar Villaverde.
Premios do xurado
galetiktokers_11.jpg Na primeira categoría (mozos/as de 13 a 16 anos) acordouse por unanimidade outorgarlle os premios de 300 euros a peza San Froilán de Laura Fompedriña, Iria López, Marta Rebolo e Jimena Morán, un vídeo en formato vlog que destaca pola súa boa estruturación, variedade de planos e calidade técnica. O xurado tamén destacou a súa parte divulgativa, onde explican dunha forma moi clara, dinámica, orixinal e divertida de onde procede o San Froilán.
Dentro desa mesma categoría tamén foi premiado con outros 300 euros a peza Cociñeiras festeiras, de Lorena Cabero Pérez, Xulia Rego Rodríguez e Antía Lourido Villasenín. Dste vídeo, o xurado destacou o seu xiro na trama ou plot twits realizado de forma moi divertida e orixinal. Tamén salientaron que dea a coñecer o noso patrimonio , dado que nos ensina que é unha foliada.
galetiktokers_13.jpg Ademais destes dous vídeos premiados, o xurado acorda recoñecer como finalistas desta categoría os seguintes vídeos: A historia de Vanesa: parte 2, Orixinal Viaxe, Se queres solucionar deixa de pegar e Situacións; Non me fagas a punheta.
Na segunda categoría (mozos/as de máis de 17 anos) acordouse, tamén por unanimidade, premiar con 300 euros á peza Facendo un estoque dende cero, de Luis Del Río Pena, polo seu contido divulgativo, dando a coñecer os xoguetes tradicionais no presente de forma orixinal, cunha comunicación clara e unha edición de vídeo moi profesional. Destaca, ademais, a claridade e a calidade lingüística da súa exposición.
Tamén foi premiado, dentro da segunda categoría, o vídeo O retrato de Dorian Gray, Oscar Wilde de Paula Salgado Torres pola orixinalidade do vídeo e o traballo na súa produción. Realiza unha maquillaxe profesional mentres recita en galego, cunha gran calidade lingüística, unha obra universal da literatura, intentando transmitir as sensacións do texto a través do traballo na súa pel. O importe deste premio tamén é de 300 euros.
Ademais destes 2 vídeos premiados, o xurado acorda recoñecer como finalistas desta categoría os seguintes vídeos: Vestímonos con Rebelico! de Eva Fernández Prieto; La Rosamaría – Despechá de Iago Martínez Martínez; Chaíñas coma ti (Shakira e BZRP en galego) de Iago Gordillo Trigo; e Podes mudar!, de Martín Represa Pedrosa e Alfonso Represa Pedrosa.
Premios do público
galetiktokers_12.jpg Na categoría de 13 a 16 anos foi galardoada polo público cun total de 498 gústame a peza O galego non é de vellos, de Naira Abalo Galbán. Na segunda (mozos/as de máis de 17 anos) cun total de 508 gústame outorgouse o premio do público á peza Prepo Rap de Alba Ferreiro Díaz, Jimena Conde Rodríguez, Sofía Brezmes González, Nicolás Fernández Seco, Andrea Díaz Cupeiro e Lara Luaña Argüelles. O importe dos premios foi de 300 euros cada un.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?