Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTic organizou unha xornada sobre xogos serios no eido educativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTic organizou unha xornada sobre xogos serios no eido educativo

S. P.
Publicado: 14/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_xogosserios1.jpgO pasado venres, 10 de novembro, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da UVigo en colaboración co Capítulo Español e o Portugués da Sociedade de Educación do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) organizaba unha xornada centrada no uso dos chamados xogos serios (serious games) como ferramenta no eido educativo.
Indo á xornada, dicir que acolleu a preto de 60 participantes en formato presencial na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e en remoto, contou coa presenza de diversos especialistas de universidades de España, Portugal e México que abordaron o uso pedagóxico desta metodoloxía.
atlanttic_xogosserios3.jpgMartín Llamas Nistal, director de atlanTTic, foi o encargado de dar a benvida ás persoas asistentes, xunto con Pedro Fonseca, presidente de IEEE EdSoc Portugal, e Francisco Murz (en remoto), presidente de IEEE EdSoc España, incidindo na “necesidade de favorecer o uso dos xogos serios en todos os ámbitos académicos”. Tras a benvida, Virginia Rodés, do Instituto Tecnolóxico de Monterrey (México), contou a súa experiencia no desenvolvemento de plataformas e tecnoloxías emerxentes que contribúen á toma de decisións e que promoven o pensamento complexo e a aprendizaxe autodirixida. Ademais, presentou algúns proxectos nos que participa como Goal Project, unha iniciativa de innovación educativa en loxística.
atlanttic_xogosserios2.jpgPola súa banda, Fernando Fraga Varela e Silvia López Gómez, docentes e investigadores do Grupo de Investigación Stellae da Universidade de Santiago de Compostela presentaron algunhas das súas experiencias no uso de videoxogos aplicados en educación con diferentes grupos de alumnos e alumnas, como as do Proxecto eProFun, no que tamén colaboran con persoal investigador do centro atlanTTic. Neste grupo da USC realizan, ademais, obradoiros e asesoran sobre o deseño de xogos serios e o uso da tecnoloxía nas aulas a profesorado, empresas, asociacións e familias.
Carina González, profesora da Universidad de La Laguna, salientou que os xogos serios, entendidos como unha ferramenta deseñada para a educación e o desenvolvemento de competencias, por riba do fin de entretemento, deben ter moi en conta aspectos como a inclusión e a accesibilidade.
atlanttic_xogosserios4.jpgCarlos Vaz de Carvalho, do Politécnico do Porto, e João Matos, Universidade de Aveiro, continuaron a rolda de intervencións, analizando os usos da ludificación e da gamificación en todas as etapas académicas. O catedrático da Universidade Complutense de Madrid, Baltasar Fernández Manjón, tamén subliñou o gran potencial destas ferramentas, e os beneficios de que estes xogos se avalíen nas propias aulas.
A xornada pechouna o investigador de atlanTTic e docente da EE de Telecomunicación, Manuel Caeiro, presentando o proxecto Nature (Serious Games for Natural Resource Management), que ten como obxectivo a creación dun xogo pensado para o desenvolvemento da capacidade de estudantes de educación superior de cara a adoptar un comportamento responsable na xestión dos recursos naturais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?