Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As xornadas de hubNET poñen o foco no gran desafío do transporte: a dixitalización da loxística de última milla
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As xornadas de hubNET poñen o foco no gran desafío do transporte: a dixitalización da loxística de última milla

S. P.
Publicado: 15/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

jose_carlos_garcia_1_cumplido.jpgO maior reto da actividade loxística ante o medre do comercio electrónico é dar resposta aos retos que xera o transporte de última milla, e a solución a este desafío pasa en gran medida pola tecnoloxía. Así o explicou este 15 de novembro o secretario xeral da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (FEGATRAMER), José Carlos García Cumplido, no marco dunha xornada técnica dirixida ao sector da loxística que se celebrou en Pontevedra dentro do Ciclo de Xornadas Constrúe o teu futuro na era dixital, da iniciativa dixital hubNET.
García Cumplido detallou que o volume do comercio electrónico en España duplicouse no último lustro, e que máis dun 30% das transaccións vinculadas a vendas pola canle dixital levan asociada unha entrega física. Por iso, a chamada “loxística de última milla”, a destinada ao proceso de entrega de produtos no seu último tramo desde un centro de distribución ou punto de almacenamento ata o consumidor final, “é de vital importancia para o éxito da cadea de subministración e a satisfacción duns clientes entre os que se estendeu a cultura do hiperservizo: demandan servizo 24 h/ 7 días, menores prazos de entrega, maior rastrexabilidade e flexibilidade, menores custos de envío e gratuidade das devolucións”. Neste sentido, asegurou que “a loxística segue crecendo e esixe cada día máis rapidez, máis eficacia, máis eficiencia, máis sustentabilidade, máis calidade e seguridade”.
O secretario xeral explicou que, no caso das cidades e grandes áreas urbanas, este último tramo “é de gran complexidade polas súas propias características”, que son a capilaridade do reparto, as reducidas cantidades por pedido, os elevados volumes de actividade e, sobre todo, a interferencia coa actividade e a mobilidade urbana diaria. Ademais, segundo dixo, “a loxística de última milla supón un reto crítico para as empresas que operan nas grandes urbes en materia de sustentabilidade ambiental, polas súas implicacións a conxestión urbana, e tamén pola eficiencia loxística e os custos asociados ao transporte e distribución de mercadorías, que erosionan a rendibilidade de moitas empresas do sector transporte a niveis marxinais”.
García Cumplido apuntou distintas receitas para mellorar en todos estes retos, citando especificamente o control dos inventarios, a planificación da demanda, a optimización dos centros de distribución e a implementación de sistemas de xestión de almacén e sistemas de xestión de entregas. En todos estes retos, apuntou a diversas tecnoloxías e solucións dixitais como aliados claves. Neste eido, destacou as plataformas de xestión de entregas: “Hoxe en día, existen tecnoloxías que minimizan os erros máis comúns deste proceso. Por exemplo, se un roteiro enfronta bloqueos de tráfico, un sistema pode automaticamente redirixir ao vehículo para evitar atrasos. Estes programas, comunmente coñecidos como delivery management systems, tamén están deseñados para integrar os elos da cadea de subministración, polo que poden traballar en base a información doutros sistemas e axudan a xestionar todas as frontes relacionadas coas entregas”, detallou, engadindo que “as ferramentas de business intelligence dun sistema de xestión de entregas teñen a capacidade de xerar información detallada das operacións diarias e de analizar estes datos para rastrexar o seu desempeño con base en indicadores, tales como o tempo total en roteiro, a taxa de cumprimento de ordes, os custos de transporte, a satisfacción do cliente, etc.”, explicou.
Co ciclo de xornadas ‘Constrúe o teu futuro na era dixital, a Cámara de Comercio Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa envórcase coa transformación dixital das pemes e o emprendemento a través da iniciativa dixital hubNET. O programa inclúe un total de 9 eventos, entre conferencias, seminarios e xornadas técnicas, que se celebran estes días en Vilagarcía de Arousa e Pontevedra e que están dirixidos a sectores estratéxicos en Galicia: forestal, transporte e loxística, turismo e comercio comerciante polo miúdo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?