Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal organiza unha xornada en Vigo sobre a Universal Acceptance
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

PuntoGal organiza unha xornada en Vigo sobre a Universal Acceptance

Redacción
Publicado: 02/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

universal_acceptance.jpgPuntoGal celebrará o 11 de abril ás 11:00 unha xornada informativa e de concienciación sobre a UA (Universal Acceptance ou Aceptación universal), dentro do programa mundial da ICANN (Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números) para ampliar as facilidades de acceso á rede a toda a poboación, sen distinción de lingua ousistema de escritura. O UA Day celébrase con máis de 50 actos en todo o mundo.
A Aceptación Universal é un concepto que se refire á capacidade de sistemas informáticos, aplicacións e plataformas en liña de recoñecer e tratar adecuadamente calquera tipo de información ou contido, independentemente da súa orixe, formato ou idioma. En termos prácticos, implica que as tecnoloxías deberían ser deseñadas e implementadas de xeito que poidan xestionar e interpretar sen problemas caracteres, símbolos e estruturas de datos de diferentes culturas e linguas. A UA resulta fundamental para asegurar a accesibilidade e a equidade dixital, garantindo que todas as persoas, independentemente da súa procedencia ou idioma, poidan participar plenamente no mundo dixital.
No evento participarán Rebeca Pilar Díaz Redondo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo;Camilo Regueiro, vicepresidentede PuntoGal; Edita de Lorenzo, profesora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da UVigo; e Javier Fernández Fraga, do Colexio de Enxeñeiros en Telecomunicación de Galicia. A xornada contará, igualmente, coa intervención de Andrea Becalli, de ICANN, o organismo que promove o UA Day en todo o mundo.
A xornada terá lugar o xoves 11 de abril na Sala de Xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (Rúa Maxwell, 16, 36310 Vigo), ás 11 da mañá. Terá formato híbrido, de xeito que se poderá asistir tamén de xeito remoto, sendo preciso inscribirse vía web.
Sobre a Aceptación Universal, Javier Fernández Fraga, do COET, afirma que a “Internet ofrece unha oportunidade única para unir a xente de diferentes partes do mundo e compartir ideas e experiencias, pero para facelo construtivo e enriquecedor, é fundamental promover unha interoperatividade de sistemas que fomente un entorno en liña inclusivo. A través da aceptación universal, creamos unha comunidade onde todas as voces son valoradas en igualdade. A nós, como enxeñeiros, correspóndenos facilitalo”.
Pola súa parte, Edita de Lorenzo comenta que “se as telecomunicacións teñen sentido e por e para a interacción entre persoas, polo que é esencial promover o respecto á diversidade de opinións, culturas e identidades. No caso da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, transmitimos estes valores a diario, e a aceptación universal é un xeito de aplicalos no traballo. Ademais, isto será unha vantaxe competitiva para os produtos e solucións desenvoltos polas enxeñeiras e enxeñeiros titulados nun mercado cada vez máis globalizado.”
O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinala que a celebración deste evento “é un paso máis no compromiso do dominio cunha rede aberta a todas as culturas e linguas e co posicionamento do dominio como un actor de referencia no ámbito TIC en Galicia”. Xunto con outras iniciativas, como as colaboracións coa GlobalCyberAlliance, as WomenforCyber ou o nodo de ciberseguridade galego ciber.gal, o dominio galego “exerce un papel relevante como parte da infraestrutura da rede, sen esquecer o apoio a proxectos no ámbito do seu programa corporativo”, conclúe.
Pola súa banda, desde ICANN apuntan que a UA “asegura que todas as persoas teñan a capacidade de navegar e comunicarse na Internet usando o nome de dominio e o enderezo de correo electrónico que mellor se axusten aos seus intereses, negocio, cultura, lingua e grafía. Estar preparado para UA axudará a conectar aos próximos millóns de persoas á rede. Moitas delas actualmente atopan barreiras lingüísticas na Internet.” Do mesmo xeito, “cando as organizacións e empresas están preparadas para UA, están a prepararse para o éxito futuro e o crecemento comercial potencial ao apoiar as identidades elixidas polos seus clientes. Os sitios web, aplicacións e servizos preparados para UA conducen a mellores experiencias de usuario e permiten unha maior competencia, innovación e elección do consumidor”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?