Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A fibra óptica de R e Rede Aberta chega a 6.500 fogares do concello de Rianxo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A fibra óptica de R e Rede Aberta chega a 6.500 fogares do concello de Rianxo

S. P.
Publicado: 14/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rianxo_vista_aerea_fibra_max_r.jpgA cobertura de fibra óptica no fogar (FTTH) vén de chegar a arredor de 6.500 fogares e empresas do concello de Rianxo grazas ao acordo da operadora de telecomunicacións R co grosista tamén galego de fibra óptica Rede Aberta. Deste xeito uns 1.200 inmóbeis dos núcleos de Rianxo, Isorna, Leiro e Taragoña sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas zonas tamén disporá de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 1 GB simétrico (subida e baixada), dunha cobertura óptima nos fogares (ao chegar a fibra ata as súas vivendas) e dunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Todo iso unido aos servizos de Wi-Fi 6 e tele con deco Android 4K sen custo adicional.
Trátase da última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, axeitada para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming, etc. Un sistema que habilita eses accesos megarrápidos con catro veces máis capacidade de descarga do que a tecnoloxía actual e ata oito veces máis capacidade de subida.
A alianza de R con Rede Aberta permitirá abranguer arredor de 70.000 novos inmóbeis que se conectan agora á infraestrutura da operadora galega e levar a alta velocidade coa fibra máis rápida a recunchos de Galicia en núcleos rurais dun cento longo de municipios do territorio.
Nas zonas de Rianxo onde, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chega a fibra óptica, existe a opción de Internet Rural de R con 5G (mambo Axiña), que lles permite a fogares e empresas destes lugares de difícil acceso dispor de alta velocidade de ata 600 Mbps con 5G e Wi-Fi 6. A tecnoloxía 5G de Internet Rural de R apóiase, por unha banda, nun router que permite conseguir esas velocidades e, por outra, no sistema Wi-Fi 6 para facilitar, por exemplo, unha
experiencia multidispositivo excelente conectando á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra (latencia: tempo que tarda en cargar unha páxina, en enviarse un correo electrónico ou en executarse unha acción nun videoxogo en liña).
En resumo, a opción da fibra óptica FTTH de R ou a súa solución de Internet rural (se a fibra non chega á zona) son a alternativa para quen teñan en Rianxo unha conexión a Internet a través de par de cobre, porque o tradicional ADSL xa deixou de funcionar e/ou de comercializarse en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?