Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ampliado o prazo de licitación para a redacción do proxecto do centro de formación da Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ampliado o prazo de licitación para a redacción do proxecto do centro de formación da Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 07/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Imaxe aérea da antiga Fábrica de Armas, hoxe en día Cidade das TIC
Imaxe aérea da antiga Fábrica de Armas, hoxe en día Cidade das TIC
A Xunta de Galicia vén de ampliar ata o vindeiro 24 de outubro o prazo de licitación da redacción do proxecto básico e de execución para rehabilitar os edificios da Escola de Formación Profesional e a Clínica da antiga Fábrica de Armas da Coruña, hoxe en día Cidade das TIC. Trátase, segundo informou o Goberno galego, “do primeiro paso para a creación neste complexo dun novo centro de formación autonómico especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital, en liña coas demandas do mercado actual e o aproveitamento das novas oportunidades económicas, sociais e ambientais”.
O orzamento base de licitación para rehabilitación de ambos edificios é de 198.000 euros e a empresa que resulte adxudicataria contará cun prazo de cinco meses para a súa redacción. A execución material de ambos inmóbeis terá un custo de 2,43 millóns de euros. Tamén lembra que tanto a escola, que conta en total con 2.258 metros cadrados, como a clínica, dotada de 395 metros cadrados, “son construcións de mediados do século XX que levan tempo sen uso, polo que se require dunha rehabilitación e adaptación ás normativas e estándares actuais, tanto nos ámbitos construtivos, como enerxético, medioambiental e de usabilidade”.
Segundo se establece no documento de licitación, a reforma da antiga Escola de Formación Profesional deberá contemplar no andar baixo do edificio a creación dunha zona de recepción e sala de espera, catro espazos formativos (con capacidade para 30 postos de formación) de 100 metros cadrados cada un, un espazo de innovación de 100 metros cadrados, un salón de actos de cando menos 200 metros cadrados, así como zonas de aseos e almacén, entre outros.
O andar superior deberá contar con outros catro espazos formativos e un novo espazo de innovación de semellantes características que os anteriores, zona de dirección e administración, áreas tanto de xefatura de estudos como técnica (ambas con capacidade para catro postos de traballo) e máis aseos. Ademais, este edificio deberá contar con espazos verdes, de ocio e de descanso.
Pola súa banda, o proxecto de rehabilitación da antiga clínica deberá dispoñer de vestíbulo, dous espazos para reunións, catros espazos de traballo individuais, aseos públicos e zona de almacén.
Nas bases faise saber que o proxecto que se redacte deberá respectar a fachada dos edificios orixinais para manter a estética, acorde co resto de rehabilitacións xa acometidas no complexo da antiga Fábrica de Armas da Coruña. Ademais, en liña coa súa temática (relacionada coa transición verde e ecolóxica) deberá contar cunha elevada eficiencia enerxética e de climatización, así como cunha alta capacidade tecnolóxica e de conectividade acorde aos seus futuros usos e actividades.
O proxecto está co-financiado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?