Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O MUVI intégrase no Sistema galego de centros museísticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O MUVI intégrase no Sistema galego de centros museísticos

Redacción
Publicado: 29/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

241028_pte_consello_reunion_dcs-5.jpgO Consello da Xunta de Galicia acordou a inserción do Museo do Videoxogo (MUVI) no Sistema galego de centros museísticos (composto por 68 museos e 20 coleccións) por diversas razóns, entre as que destacan o feito de ser o primeiro relacionado co mundo do videoxogo en Galicia e dos poucos existentes en España.
Para verificar o cumprimento dos requisitos esixidos para formar parte desta rede, o Museo do Videoxogo (MUVI), entidade canguesa creada en 2020 pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, recibiu unha visita técnica o pasado 26 de setembro.
442393139_1183699803045878_7727561238869477420_n.jpgA colección do MUVI alberga un total de 2.256 xogos, 300 deles de fondo galego, e máis de 400 elementos de hardware e dispositivos, cos cales se dá difusión á historia deste eido temático pondo en valor o desenvolvemento do sector en Galicia, achegando ao público o sector do videoxogo desde a perspectiva da expresión artística e cultural, así como unha ferramenta educativa, lúdica, interactiva e saudable.
O convenio asinado polo Consello da Xunta reflicte o compromiso da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con iniciativas culturais que promoven a transmisión de información de interese para a sociedade e a preservación de material histórico.
O organismo avaliado conta cun plan museolóxico en que se reflicten as áreas funcionais básicas necesarias para o funcionamento da institución. 376258464_1016155853133608_4807016430673825433_n.jpgEstas áreas son: documentación e conservación; difusión e comunicación, e administración, e coordinadas entre si desenvolven as súas liñas programáticas. Deste xeito, esta entidade cumpre coas características necesarias para acadar a categoría de centro museístico.
A integración do MUVI no Sistema galego de centros museísticos permitiralle acceder a liñas de axudas públicas, asesoramento técnico e potenciación da súa divulgación no Portal de museos de Galicia, establecer relacións con outras entidades e coleccións, participar en accións formativas e ter prioridade noutras propostas colaborativas ou actividades itinerantes promovidas pola Xunta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?