Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Oblivion revive con forza renovada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Oblivion revive con forza renovada

Redacción
Publicado: 22/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

or_largecard_availablenow.jpgThe Elder Scrolls IV: Oblivion Remastered é o resultado dunha colaboración entre Bethesda Game Studios e o equipo de Virtuos, que permitiu manter intacta a esencia do xogo orixinal mentres se lle aplicaban melloras visuais e actualizacións para adaptalo aos estándares actuais, e que dende hoxe mesmo podemos comprobar directamente a través das súas versións para Xbox Series X|S, Game Pass, PlayStation 5 e PC. Cómpre salientar que os subscritores de Game Pass poden acceder á versión de Xbox Series X|S e PC, así como tamén poden gozar do xogo en streaming.
jaws_screenshot__05_apxsnb.jpg Dende Virtuos empregaron Unreal Engine 5 para construír esta versión remasterizada que presenta paisaxes impresionantes e detalladas, modelos de personaxe mellorados, sincronización labial refinada, efectos atmosféricos máis inmersivos e un sistema avanzado de iluminación en tempo real, par ao que foi preciso recrear desde cero armas, pedras, doces…
O sistema de locomoción foi completamente redeseñado. Agora pódese esprintar, unha función moi demandada polos xogadores de xogos de rol modernos. As animacións de combate tamén se recrearon, cun maior dinamismo e resposta física aos impactos, así como efectos sonoros e visuais renovados. A perspectiva en terceira persoa tamén foi modernizada, con miras e movementos comparables aos de Starfield.
oblivion_ss_27619a5ffb8d3b41d807a0387dc0a3d3616d4b48.jpg Oblivion Remastered incorpora tamén melloras que fan máis cómoda e moderna a experiencia de xogo como un novo sistema de subida de nivel, inspirado tanto en Oblivion como en Skyrim, unha interface e experiencia de usuario adaptadas aos estándares actuais, novas liñas de diálogo gravadas (agora cada raza ten unha voz única, aumentando a inmersión) e numerosas optimizacións adicionais que modernizan a xogabilidade sen perder a esencia.

Dúas edicións

jaws_sku_vanity_dlx_16x9_05.jpgO xogo está dispoñible en dúas edicións, que parten dunha edición estándar co xogo base dixital, as expansións de historia Shivering Isles e Knights of the Nine e contido descargable adicional (Fighter”s Stronghold, Spell Tomes, Vile Lair, Mehrune”s Razor, The Thieves Den, Wizard”s Tower, The Orrery e Horse Armor Pack); pero tamén está dispoñible unha edición de luxo que inclúe a maiores novas misións con conxuntos exclusivos de armaduras, armas e bardas de Akatosh e Mehrunes Dagon e un libro de ilustracións dixital e aplicación coa banda sonora. Estes últimos contidos adicionais tamén poderán adquirirse por separado como unha actualización.


Vídeo de presentación oficial de The Elder Scrolls IV: Oblivion Remastered

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?