Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pokémon GO serve de apoio vital a un lugués de 61 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Pokémon GO serve de apoio vital a un lugués de 61 anos

Redacción
Publicado: 24/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pgo-rabadero.jpgA historia de Jose Rábade, un veciño de Lugo de 61 anos, exemplifica como un videoxogo pode ir máis aló do lecer e converterse nun apoio vital. Coñecido como Rabadero na comunidade local de Pokémon GO, Jose leva dende 2019 participando activamente no xogo, unha actividade que lle axuda a manterse en forma, socializar e afrontar con forza unha enfermidade grave.
Comezou a xogar por casualidade co seu fillo, pero co tempo Pokémon GO pasou a formar parte do seu día a día, especialmente tras recibir un diagnóstico de cancro. A actividade física que require o xogo axúdalle a combater o sedentarismo e manterse activo, mesmo nos días máis complicados. «A forma que teño hoxe en día de obrigarme a andar é xogar a Pokémon GO. O día pode ser malo, pero tento saír todos os días», comenta.
pgo-comunidad-lugo.jpg O Parque de Frigsa é o escenario principal desta rutina. Alí reúnese a diario cun grupo de xogadores que se converteu nun auténtico punto de apoio. O que comezou como unha experiencia solitaria acabou por darlle acceso a unha comunidade diversa e acolledora. «O resto dos xogadores é xente marabillosa. Xuntámonos todos os días para xogar e ás veces conseguimos ser 20 ou 30 persoas. Isto dálle vida a un», explica Jose. A súa presenza habitual no parque non pasa desapercibida, e aínda que admite que ás veces a xente os mira con estrañeza.
Ademais do aspecto social, Jose tamén mostra unha paixón especial polos Pokémon Shiny, criaturas raras que se distinguen pola súa cor diferente e dificultade para seren atopadas. «Onte conseguín un que ninguén tiña», relata con orgullo este xogador que non ten presa por chega ao nivel 50.
A experiencia de Jose Rábade pon de manifesto o potencial das ferramentas dixitais para fomentar o exercicio, combater o illamento social e construír comunidades. En Lugo, a través do Pokémon GO, o Parque de Frigsa consolidouse como un espazo vivo onde o xogo e a vida camiñan da man.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?